Aviso

04/10/2016

Convocatoria do Programa de Fomento do Emprego da Provincia de Lugo Ben Empregado III (Deputación de Lugo)

O obxecto da presente convocatoria (BOP Lugo do 04-10-2016) ten como finalidade articular as condicións polas que rexerá a convocatoria publica en réxime de concorrencia competitiva para a selección de Entidades da provincia de Lugo, susceptibles de percibir subvencións para o fomento do emprego da provincia de Lugo a través da contratación por 12 meses de traballadores en situación de desemprego.

A finalidade do programa é seleccionar ás entidades máis capacitadas para acadar o obxectivo de incorporar ao mercado de traballo a persoas desempregadas e de crear un incentivo económico que redunde nunha mellora das perspectivas de inserción laboral.

Liña 1: dirixida a pequenas empresas e microempresas (segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís e nos seguintes supostos de contratación: 1.a.: Contratación de desempregados 1.b.: Contratación de desempregados de difícil inclusión laboral.

Liña 2: dirixida a entidades sen ánimo de lucro tales como: asociacións, federacións, fundacións, e similares.

Consultar as bases en BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS (BDNS) tica.