Aviso

20/01/2017

Convocatoria recoñecemento competencias profesionais en Atención Sociosanitaria a personas no domicilio, tamén dependentes en institucións sociais e outros

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicou a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. DOG NÚM. 13 de 19-01-2017:

  • O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 536 prazas; atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 356 prazas; Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 108 prazas; Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas; Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 207 prazas; Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 438 prazas; Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas; Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas; Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 70 prazas, será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia que sería do 20/01/2017 - 20/02/2017.
  • O prazo de inscrición para as unidades de competencia da cualificación profesional de Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA 595_2) iniciarase o día 1 de marzo e finalizará o 31 de marzo de 2017.

Máis información en recoñecemento experiencia profesional do portal de traballo e para facer a inscrición podes ticar no enlace da Sede electrónica da Xunta de Galicia, despois en modelo de solicitude e cubrilo.