Aviso

15/02/2018

Ben Empregado 4, prazo solicitude ata o 19 de febreiro

Con data 3 de febreiro do 2018, publícanse na Web institucional do Ben Empregado IV (http://benempregado.deputacionlugo.org/), así como no BOP e no taboleiro de anuncios as Bases da Fase II do Programa de Fomento do Emprego da Provincia de Lugo Ben Empregado IV.

Prazo de Inscrición: 05/02/2018 – 19/02/2018. Ambos inclusive.

Liñas de actuación:

Liña 1.A e 2: Desempregados en xeral e situacións en mellora de emprego nas que a ocupación laboral sexa igual ou inferior ao 50% da xornada.

Liña B: Desempregados de difícil inclusión laboral (etnia xitana, ex-reclusos, ex-drogodependentes, vítimas de violencia de xénero ou aquelas que posúan algunha característica social, sensorial, psicolóxica ou física que lles dificulte o acceso ao mercado laboral. Tamén, os que se cumprindo tales requisitos, se atopen en situación de mellora de emprego nas que a ocupación laboral sexa igual ou inferior ao 50% da xornada.

Consulta os pasos a seguir polos candidatos para participar no programa tica aquí.