Aviso

07/06/2018

Aberto o proceso para a matrícula das Escolas Municipais de Música Rábade, Begonte e Outeiro de Rei curso 2018-2019.

Este ano abriranse dous prazos de matrícula diferenciados:

  • Para os xa inscritos no curso 2018-2019: Do 28 de maio ao 30 de xuño.
  • Para novos inscritos: do 15 ao 30 de xuño.

A inscrición realizarase preferentemente na páxina web https://musicocrisanto.com/es/ desde as 9.00 h do primeiro día do prazo. Aínda así, tamén estará dispoñible o proceso de matrícula de luns a venres nas oficinas dos tres Concellos, de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, e na oficina da Asociación Músico Crisanto (C. Sociocultural de Rábade, 1º) no seu horario habitual (martes e xoves de 10.00 a 13.30 e venres de 18.00 a 20.30). Ademais, abrirase a oficina de forma extraordinaria no inicio do prazo, o 28 de maio de 9.00 a 14.00, para facilitar a matriculación.