Evento

Sexta edición do Festival 27373 de Begonte

Praia Fluvial de Begonte o día 12 de agosto 2017

Do 12/08/2017 ó 13/08/2017

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte organiza a Sexta edición do Festival 27373 que terá lugar o sábado 12 de agosto no Club Fluvial de Begonte que presta as súas instalacións para a celebración deste festival.

O Festival está dividido en dúas partes.

-Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequen@s e ás familias. A partires das 12:00 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo da empresa de Begonte Non Estreses, que vai ofrecer paseos en canoa pola marabillosa contorna do río Ladra, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde.

A partires da 13:00 a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a demostración de fiado de lá e liño, ademais da demostración de canto e música tradicional. A festa estará garantida durante a sesión vermú grazas ao grupo de música tradicional Son de Lugh, gracias ao programa Musiqueando pola Provincia de Lugo da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Ademais faremos a presentación da cervexa oficial do festival, a 27373, unha cervexa de trigo e laranxa, elaborada nas instalacións de cervexas Aloumiña.

Xa pola tarde, ademais dos paseos en canoa e as demostracións de fiado, a partir das 17:00, comezará o VI Aberto de Billarda e tamén, a partir das 17:00 e en tres sesións diferentes, o espectáculo do Mago Antón, ¿Onde está o Mago Antón?, maxia de preto con novos e vellos trucos para toda a familia, dentro do programa Música no Camiño da Xunta de Galicia.

Agardemos que sexa un bo día para pasar a carón do río, xantando e compartindo sobremesa nunha zona que conta con tódolos servizos, nun entorno de ribeira perfectamente acondicionado e coidado, onde se pode gozar dun baño, xantar nalgunha das mesas ou mesmo no campo e pasear á beira do río ao tempo que participamos nas distintas actividades.

-Pola tarde noite, a partir das 19:30, abrirán o festival o grupo Ezetaerre desde A Coruña, tres rapaces que fan rap combativo para non deixar a ninguén indiferente. Logo teremos a agrupación Young Murajazz Big Band, pertencentes á escola de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, jazz cun repertorio variado e moderno. E para rematar, Airiños da Freba, un dos grupos revelación no panorama máis tradicional, festivos e verbeneiros, ideais para dar peche a esta sexta edición do 27373.

Queren agradecer a axuda económica da Deputación de Lugo e do Concello de Begonte. Ao Club Fluvial de Begonte por prestar as súas marabillosas instalacións. Ás empresas e organizacións colaboradoras, Non Estreses, Cervexa Artesá Aloumiña, Castro & Castro. Tamén a todas aquelas asociacións culturais, artesáns, músicos que vaian vir ao festival e, por suposto, agradecer a presenza de todas as persoas que se acheguen ata Begonte a pasar un día cheo de actividades culturais nun entorno incomparable.

 

Agosto
L M M X V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3