Evento

6 º Festival de Teatro organizado pola Asociación Cultural Castiñeiro Milenario.

Unha actuación na Casa da Cultura de Begonte e dúas no Local social da Asoc. V. do Castro (consultar)

Do 19/09/2018 ó 19/09/2018

Unha ano máis e xa van seis, remata o verán e comeza o teatro en Begonte. Nesta edición contaremos con tres representacións.

Alentía Teatro coa obra, “Manancial de Fantasía“, dirixida a un público infantil e familiar. Conta a historia dun mimo que non pode entrar no mundo da fantasía. Unha reflexión sobre o reparto das tarefas no fogar, o cambo climático, a importancia da lectura ou da discriminación das persoas diferentes a nós.

Cando: Sábado, 22 de setembro, ás 18:00 horas. 

Onde: Na casa do pobo da Asociación Veciñal do Castro.

Grupo de Teatro, A Mariña, coa obra, “Eres único: Teatro contra o bullying“, obra para maiores de 8 anos. Peza en catro actos, no que o acoso escolar é o eixo común a todos eles. Unha reflexión sobre os diferentes tipos de acoso escolar e a importancia de non quedar indiferentes ante el.

Cando: Sábado 20 de Outubro ás 19:00 horas. 
Onde: Casa da Cultura de Begonte

Marionetas Trécola coa representación de “Xogo Revolto“.

Historia sobre os diferentes personaxes que poden aparecer nunha situación de acoso e as ferramentas para poder facer fronte a esas situacións cada vez máis presentes nas escolas e na sociedade. Dirixida a un público infantil.

Aínda non temos a data definitiva desta actuación. Iremos informando.

Todas as representacións do ciclo son de balde

Dúas das obras están dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo ao que hai que agradecer que siga apostando polo teatro na provincia. Tamén agradecer ao Concello de Begonte a cesión da Casa da Cultura e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro, que sempre colabora con nos neste tipo de actividades.

+info na nosa páxina https://castinheiromilenario.wordpress.com/2018/09/16/6o-festival-de-teatro/

 

Outubro
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4