Nova

05/10/2018

QUERES DEIXAR DE FUMAR? PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 18/19.

Preinscricións ata o 22 de outubro.

QUERES DEIXAR DE FUMAR? PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 18/19.

DESTINATARIOS:  Maiores de 18 anos

DURACIÓN:  7 sesións en semanas continuadas e 3 de recordo espaciadas.

PREINSCRICIÓNS: ata 22 de outubro (Modelo de solicitude).

DESCRICIÓN:

Un ano máis o Servizo de Prevención aposta pola saúde da cidadanía a través do Programa de Deshabituación Tabáquica, coordinado polo Servizo de Prevención e dirixido pola Psicóloga da AECC de Lugo Roza Marina Zas Castro. O programa ofrece apoio terapéutico e diferentes vías de asesoramento ao longo de 7 sesións en semanas consecutivas e 3 a maiores de recordo para alcanzar e consolidar o  obxectivo común: abandonar a súa adición ó tabaco.

Este logro persoal maniféstase xa no día a día dos ex-fumadores de terapias anteriores, nos que a mellora na calidade de vida, na superación persoal e no manexo emocional é unha realidade

Os interesados en recibir máis información deberán dirixirse á Coordinadora do Servizo de Prevención Beatriz Traveso, á web www.prevenciondedrogas.es,  a través do correo electrónico prevenciondrogas@rabade.org ou por contacto telefónico:

Luns

Martes

 Mércores

 Xoves

 Venres

 Concello de Outeiro de Rei

 Concello de Friol

 Concello de Begonte

 Concello de Castro de Rei

 Concello de Rábade

982.393.281

982.375.001

982.396.012

982.314.034

982.390.062

  *O lugar, horario e número de grupos de cada actividade fixarase en función das inscricións recibidas en cada concello da agrupación.