Nova

08/10/2018

CURSO: CREANDO CINE

DESTINATARIOS: Maiores de 14 anos

CURSO: CREANDO CINE

Gustaríache realizar unha produción audiovisual dende a idea ata o estreo?

Nos meses de novembro e decembro tes a túa oportunidade para iniciarte como cineasta!

DESTINATARIOS:  Maiores de 14 anos

DURACIÓN:  10 sesións, unha semanal (novembro-decembro)

DESCRICIÓN:

O Curso “Creando Cine” é unha actividade dirixida á mocidade a partir de 14 anos na que o docente Alfonso Díez Veiga, Director de varias curtametraxes premiadas a nivel nacional e internacional, utilizará o cine como recurso idóneo para afondar na análise da realidade, na conciencia crítica e no autocoñecemento persoal dende unha perspectiva lúdica e educativa. O curso, eminentemente práctico, ten a finalidade de datar ao alumnado de coñecementos e recursos para a súa progresión na creación audiovisual.

O curso “Creando cine” terá unha duración de 10 sesións de 90mins a desenvolver durante os meses de novembro e decembro e versará sobre:

  • O cine como arte
  • O guión
  • A Pre-produción
  • Produción audiovisual
  • Distribución e marketing
  • Estreo

Inscríbete e realiza a túa propia produción audiovisual. (Modelo de solicitude).

Os interesados en recibir máis información deberán dirixirse á Coordinadora do Servizo de Prevención Beatriz Traveso, á web www.prevenciondedrogas.es,  a través do correo electrónico prevenciondrogas@rabade.org ou por contacto telefónico:

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Concello de Outeiro de Rei

Concello de Friol

Concello de Begonte

Concello de Castro de Rei

Concello de Rábade

982.393.281

982.375.001

982.396.012

982.314.034

982.390.062

 *O lugar, horario e número de grupos de cada actividade fixarase en función das inscricións recibidas en cada concello da agrupación.