Nova

isc6 09/12/2016

Xa podes visitar o Belén de Begonte

Visitas do 04-12-2016 ao 30-01-2017

O 4 de decembro abriu as portas o Belén de Begonte e van 45 edicións, lugar de peregrinación no nadal para aqueles que queren desfrutar dun nacemento electrónico que recrea a vida dunha vila Chairega de fai uns anos atrás.

Nuns 15 minutos o Belén de Begonte representa distintas circunstancias meteorolóxicas (neve, choiva, trono,...), amosa oficios antigos que se facían e que se siguen facendo en calquera pobo de Galicia, ademais das accións típicas dun belén (podemos ver os reis magos movéndose dirección o portal de Belén…, e moito máis).

Un espacio-tempo no que recordase aquela primeira vez que o visitaches xa fora co colexio ou cos teus pais,  recupéranse e creánse novas sensacións e os que o ven por primeira vez sorpréndense da minuciosidade coa que teñen que traballar os que o montan, xa que os movementos das pezas imprime realidade a este Belén (Festa de interese turístico de Galicia dende 2014).

Sen lugar a dúbidas os que máis desfrutan desta visita son os máis pequenos, e son moitos os que veñen cos seus colexios antes de rematar as clases por este ano, nalgúns incluso coincide co primer desprazamento en bus e sen os seus pais. Por iso e un recordo que os acompañara nas súas vidas.

Uns meses atrás Carlos Torres, Ramiro Cruz, Jesús Veiga e Jesús Domínguez (irmán de José Domínguez Guizán que con José Ródríguez Varela fundaron o Belén de Begonte en 1972) montan, crean e fan os axustes necesarios para que todo funcione correctamente os días que se pode visitar o Belén de Begonte (consulta horarios e días). Cada ano intentan incorporar pezas novas, difíciles de atopar senon coñeces ben o Belén, e convírtese nun desafío encontralas.

Este ano inagurouse o 3 de decembro co pregon do Bispo da Diocese de Mondoñedo - Ferrol Luis Ángel de las Heras Berzal quen expresou o seguinte:

"En este caminar hacia Belén que hacemos todos los diciembres, que el camino al belén de Begonte sea un camino interior. Tenemos que cambiar las personas para que el mundo cambie"

Recoméndase a visita o Museo José Rodríguez Varela (Museo do Belén) que se encontra nunha sala contigua o  Belén, podense ver pezas e figuras retiradas de anos anteriores, maquetas realizadas por José Varela (casas tradicionais, monumentos emblemáticos) e as obras premiadas no Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” de anos anteriores.

A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Dominguez Guizan, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil (consultar as bases (pdf).

Como chegar o Belén electrónico de Begonte CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN (mapa localización)

Barrio de Quitimil, nº2, 27373 Begonte (Lugo)

Rutas sugeridas dende Lugo:

1. N-VI, 19,2 km        19 min

2. A-6, 25,6 km         23 min

Horarios de visita decembro 2016 a xaneiro 2017

Dende o 04-12-2016 ata o 21-12-16:

Festivos e fins de semana: 11h a 13h e de 15h a 19h

Laborais: solo visitas concertadas.

A partir do 22-12-16 ata o 06-01-17: 

Tódolos días:11h a 13h e 15h a 19h

Dende o 07-01-17 ata o 30-01-17:

Festivos e fins de semana:11h a 13h e de 15h a 19h

Grupos: avisar previamente ó teléfono 982 396 121