Comunicacións

O Concello de Begonte ten unha lonxitude de estradas superior ós 210 kilómetros, dos que máis de 120 forman a rede municipal de pequenas estradas, baseada nos antigos camiños, de responsabilidade municipal.
As estradas begontinas presentan a seguinte clasificación:

Rede estatal:


rede-estradas

Rede de estradas

Autovía do Noroeste (A 6)
Estrada Nacional Madrid-Coruña (N VI)
Estrada Nacional S. Sebastián-Baamonde (N. 634)


estrada


estrada (1)

N.VI en Begonte

Rede autonómica:
Estrada comarcal Rábade-Ferrol, pasando por Vilalba (C. 641)
Estrada autonómica Rábade-Cospeito (Lu-111).
Rede provincial:
Cinturón de Lugo (Pr.16-11)
Rede municipal:
Antigos camiños, ensanchados e alquitranados

 

A Autovía do Noroeste, como antes a Nacional VI, e a línea de ferrocarril dividen ó Concello en dúas amplas zonas, de este a oeste. Pero esta división artificial non fai máis que reforza-la división natural que fai a depresión formada polos ríos Ladra e Parga, que no mesmo sentido atravesan o territorio do Concello.
A Autovía do Noroeste complementa máis que substitúe á antiga Nacional VI, que segue en funcionamento, aínda que de forma máis repousada e servindo especialmente ó tráfico comarcal. Ámbalas dúas conectan Begonte e todo o centro chairego coa costa coruñesa e coa meseta, constituíndo a máis importante –polo de agora- vía de comunicación do Concello de Begonte.


poligono-industrial-rabade na N VI

N. VI-Polígono industrial

A N. 634 (San Sebastián-Santander-A Coruña), entronca en Baamonde coa N VI, e conecta ó concello coa capital comarcal, e desde ela coa costa lucense, con As Pontes e Ferrol. Esta vía, nun próximo futuro, será substituída ou complementada coa A8 que ven da Costa lucense y entronca coa autovía Madrid-A Coruña, recibindo á súa vez á vía rápida que se está a construír entre Ferrol e Vilalba, co que se reforzará cada vez máis o papel deste concello como núcleo de comunicacións.
A comarcal 641, que de Rábade vai a Vilalba, constitúe unha importante vía de comunicación para a zona norte do concello, sendo outra opción de acceso á capital da comarca e, con ela, á costa lucense, a As Pontes e Ferrol. estrada rabade-vilalbaA Lu-111, que desde a C. 641 en Rábade vai ó concello de Cospeito, proporciona excelente comunicación a toda a zona oriental begontina.
A construción da estrada Pr-16-11 pola Deputación Provincial de Lugo, como parte do chamado Cinturón de Lugo, completa a comunicación Norte-Sur do Concello, enlazando amplas zonas de Begonte con outras dos concellos de Cospeito e Friol.
estrada-barandasEsto, polo que a vías principais se refire, porque as comunicacións internas entre as diversas parroquias do concello de Begonte efectúanse a través dunha tupida rede de pequenas estradas, os antigos camiños veciñais asfaltados, que enlazan tódolos núcleos de poboación do termo municipal entre sí e coas localidades limítrofes. 

Son un total de 85 vías municipais cunha extensión total de 128 quilómetros.

Últimas novas

Curso de Tapicería

Prazo de inscrición ata o 20 de marzo 2017
* Modelo inscrición curso Tapicería 2017
09/03/2017

Xornada informativa sobre axudas técnicas (TERAPEUTA OCUPACIONAL)

1 de marzo na Casa da Cultura de Begonte ás 11h30
16/02/2017

Festa de entroido Begonte 2017

Inscricións antes do 27 de febreiro
O vindeiro 4 de marzo o Concello de Begonte organiza o VI Concurso de Disfraces e Comparsas no Pavillón de ...
13/02/2017

Programa de Deshabituación Tabáquica 2017

Actividade gratuíta, duración de marzo a maio
07/02/2017

Agradecer a colaboración na Recollida Solidaria de Alimentos.

O Concello de Begonte agradece a tódolos veciños, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario e a Asociación de Veciños Cultural, Deportiva ...
23/12/2016
Máis novas