Poboación

Segundo o censo de 2011, a poboación do concello de Begonte é de 3.370 habitantes, dos que 1.684 son homes e 1.695 mulleres.

TABOA DE POBOACIÓN

Esta poboación, a comezos do século XX, era de arredor de 6.500 persoas, pero as causas que incidiron na maior parte do territorio galego, no resto da comarca e da provincia de Lugo, foron mermando a poboación. O brusco descenso nas taxas de natalidade, o mantemento da taxa de defuncións, e o fenómeno da emigración en favor dos grandes núcleos ou do exterior, foron os factores que orixinaron este descenso.

As parroquias máis poboadas na actualidade son as da zona central do Concello – Saavedra, Baamonde e Begonte- situadas preto das máis importantes vías de comunicación e, no caso de Baamonde e Begonte, pola existencia de núcleos urbanos, e con eles unha maior concentración de servizos municipais.

 

vivendas-sociais

Así, no decurso do tempo, veuse mantendo a poboación na capital do Concello e en Saavedra, mentras que se acusaba de xeito máis forte a diminución en Castro, Santalla, Pena (San Vicente), Donalbai e Virís.

A densidade de poboación é de 81,11 habitantes por kilómetro cadrado na capital do Concello,  69,29 en Carral, 51,01 en Baamonde, e 50,32 en Saavedra. 

O fenómeno da inmigración ten xa unha certa importancia en Begonte, polo crecente papel dos polígonos industriais no concello, e pola xente que volve despois da súa xubilación.

Últimas novas

Programa de actividades socioculturais e deportivas 2018/2019 do Concello de Begonte.

1º Prazo de inscrición do 19 ao 2 de outubro de 2018; 2º prazo do 7 ao 18 de xaneiro de 2019
O mércores 19 de setembro o Concello de Begonte abre o 1º prazo para inscribirse nas actividades deportivas e culturais ...
19/09/2018

III Carreira Popular Concello de Begonte

23 de xuño 2018 Club Fluvial de Begonte.
O Concello de Begonte organiza o próximo 23 de xuño de 2018, a III Carreira Popular Concello de Begonte + Xantar ...
07/06/2018

Convocatoria de axudas de escolarización e para o transporte escolar curso 2017-2018

Prazo de solicitude: 01/06/2018 - 02/07/2018
O Concello de Begonte convoca as axudas de escolarización e de transporte escolar para o curso 2017 - 2018: Procedemento: ...
31/05/2018

Clausuras das Actividades Culturais e Deportivas 2017-2018.

Desde o día 30 de maio e ata o 1 de xuño.
Achegáse o fin de curso e con iso as Clausuras das Actividades Socioculturais e Deportivas dos nenos e dos adultos. ...
30/05/2018
Máis novas