Servizo de Prevención de Drogodependencias

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS  E OUTRAS CONDUTAS ADICTIVAS

O fenómeno das drogodependecias constitúe unha problemática sociosanitaria de primeira orde a nivel global, consecuencia directa da converxencia entre múltiples variables que a cualifican como multicausal. Como resposta, o Concello de Begonte asinou un Convenio en 2008 cos Concellos de Outeiro de Rei e Rábade dando orixe ao servizo de Prevención ao que máis tarde, en xullo de 2013, se unirían os Concellos de Guitiriz e Xermade.
O Servizo de Prevención concentra os seus esforzos en actuacións dirixidas á familia, escola, xuventude e comunidade, incidindo natríade información-actitude-conduta e incorporando tanto estratexias de influencia (destinadas a modificar o nivel de coñecemento e as actitudes respecto ás drogas), como de desenvolvemento de competencias (destinada á mellora da autoeficacia).

A Asesoría do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Adictiva no Concello de Begonte sitúase na Casa da Cultura os mércores en horario de 9:00 a 14:00h.

Para máis información das actuacións do Servizo pincha no logo:

 


Últimas novas

QUEN DIXO REUMA??

QUEN DIXO REUMA?? O vindeiro martes 20 de xuño de 18:00 a 19:30 h. aproximadamente, na casa da Cultura de ...
08/06/2017

Festival fin de curso 2016 -2017

Sábado 10 de xuño ás 19h no Campo de Santa Isabel
07/06/2017

Matrícula para curso 2017/18 na Escola Municipal de Música de Rábade, Outeiro de Rei e Begonte

Aberto o prazo dende 1 de xuño ás 9h.
Recordarvos que o Xoves día 1 de Xuño ás 9h00 ábrese o plazo de matriculación para o próximo curso 2017/18 ...
30/05/2017

Convocatoria de axudas de escolarización e para o transporte escolar curso 2016-2017

Prazo de solicitude: ata o día 15-06-2017
O Concello de Begonte convoca as axudas de escolarización e de transporte escolar para o curso 2016 - 2017: Procedemento: ...
16/05/2017

Os Tres Porquiños visitan o Concello de Begonte

Na nave I+D Maxia no Polígono Industrial de Begonte
O programa Cultura no Camiño 2017 invitavos a desfrutar desta obra musical no Concello de Begonte.      
17/04/2017
Máis novas