O Territorio

CLIMA

O clima da comarca de Begonte é “subcontinental húmido dentro do macroclima oceánico de Galicia”.
O clima begontino pódese xulgar de temperado medio, con invernos moderados e veráns sen rigores.
É un clima que poderiamos denominar “humano”, no que a vida se desenvolve nas mellores condicións climatolóxicas e sociais.
A maior parte do terreo do concello é apto para a agricultura, sendo a capacidade de produción do solo de tipo medio. Cómpre utilizar fertilizantes químicos para corrixir a acidez e a escaseza dalgúns elementos, e orgánicos para reposición de materia consumida polos cultivos.

 


carballeira de Saavedra

 

 

 

 

Carballeira en Saavedra

 

A planura do terreo favorece a mecanización do traballo na terra, e a agricultura e a gandeiría segue a ser a fonte de ingresos máis importantes do concello, co necesario e paulatino trasvase á industria e servizos.

 


estatua labrega (1)

Escultura de rapaza labrega, de Víctor Corral

 

RÍOS

 


rio no club fluvial (2)


rio no club fluvial (3)

Río Ladra

 

Os ríos Parga e Ladra regan e cruzan o territorio begontino. Xúntanse en Pacios, e van desembocar no Río Miño, xa no Concello de Outeiro de Rei. O Río Miño separa Begonte do territorio de Outeiro de Rei, e o Támoga do de Cospeito. A xuntanza do Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito.
Mención especial merecen as Lagoas do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo.

 


lagoas de Riocaldo


lagoas de Riocaldo (1)

Lagoas de Riocaldo

 

As lagoas teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.
 

REDE NATURA 2000

 

Begonte está incluído entre os concellos considerados lugares privilexiados da Rede Natura 2000, e así unha zona do seu territorio forma parte do L.I.C. (Lugar de importancia comunitaria) Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de Riocaldo.

 

Lic Ladra-Parga-Támoga

Lic Ladra-Parga-Támoga

Últimas novas

Volve o Belén de Begonte por Nadal

Visitas do 02-12-2017 ao 27-01-2018
O 2 de decembro abriu as portas o Belén de Begonte e van 46 edicións, como tódolos anos, desde xa ...
13/12/2017

Programa de nadal Begonte 2017/2018

Prazo de inscrición ata o 22 decembro ás 13.00H.
  Consulta aquí o Programa nadal 2017-18 (pdf). Inscrición nadal 2017-18 (pdf). Baixa actividades 2017-18 (pdf).
15/12/2017

Aula de musicoterapia

Escolas Municipais de Música Rábade, Begonte e Outeiro de Rei
24/11/2017

Resultado do 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte

O pasado luns 6 de novembro de 2017, fallouse o resultado do 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte, na ...
09/11/2017

6º Concurso de Tapas Concello de Begonte

Do 27 de outubro o 5 de novembro 2017
O 27 de outubro dase o pistoletazo de saída para o 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte, este ano ...
26/10/2017
Máis novas