Saudo do alcalde

 

Como Alcalde do concello de Begonte quero darche a benvida a este portal web que desexamos ir construindo día a día coa colaboración, non só dos habitantes deste municipio, senón tamén de tódalas persoas que nos visitan cada día a través desta páxina, que acabamos de renovar e adaptar ás novas tecnoloxías.

Non queremos deixar pasar a oportunidade que nos ofrece Internet de amosarnos ao mundo, de aproveita-las súas posibilidades como valioso instrumento de aproximación ao cidadán co fin de cumprir un dobre obxectivo:

 

- Mostrar Begonte a quenes desexen coñecernos mellor. Para todos aqueles que queirades visitarnos, sexa por motivos de lecer ou traballo, decirvos que nos atopamos nunha terra privilexiada, tanto pola súa situación xeográfica como pola súa riqueza natural, cultural e gastronómica, onde se dan tódalas condicións para que este sexa un lugar ideal para vivir, para medrar, para traballar.

- Mellora-la eficacia dos servizos municipais proporcionando información sobre os recursos e servizos que se prestan dende o concello e tamén recibir dos nosos veciños e veciñas aquelas ideas, propostas e suxerencias que poidan axudarnos a mellorar os nosos programas de actuación.

 

No nome do concello de Begonte, agradezo a túa visita que espero encontres proveitosa e amena.

 

Un cordial saúdo.

Últimas novas

Resultado do 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte

O pasado luns 6 de novembro de 2017, fallouse o resultado do 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte, na ...
09/11/2017

6º Concurso de Tapas Concello de Begonte

Do 27 de outubro o 5 de novembro 2017
O 27 de outubro dase o pistoletazo de saída para o 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte, este ano ...
26/10/2017

Programa de actividades socioculturais e deportivas 2017/2018 do Concello de Begonte.

1º Prazo de inscrición do 18 ao 28 de setembro de 2017; 2º prazo do 18 o 28 de decembro de 2017
O luns 18 de setembro o Concello de Begonte abre o 1º prazo para inscribirse nas actividades deportivas e culturais ...
15/09/2017

Firma do Convenio de Colaboración entre os concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade para a prestación do Servizo de Prevención de Condutas Aditivas.

No ano 2008 os Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade cofundaron o Servizo de Prevención de condutas aditivas ...
19/07/2017

Convocatoria de subvencións para asociacións culturais, deportivas e veciñais para a realización de actividades no ano 2017

Prazo de solicitudes ata o día 24-07-2017.
O Concello de Begonte convoca as subvencións para asociacións culturais, deportivas e veciñais para a realización de actividades no ano ...
26/06/2017
Máis novas