servizos municipais

 

equipamentos alumado estradas
Equipamentos Alumado Estradas

 

SANEAMENTO

A rede de saneamento do concello ten unha lonxitude de 18.393 metros, dos que 13.162,60 están en funcionamento, e 5.230,40 en execución.

A rede en funcionamento corresponde ás dúas localidades principais do concello, e os núcleos situados ás beiras da Nacional VI.

Saneamento Begonte

Saneamento Baamonde

Saneamento de Begonte Saneamento de Baamonde

Existen catro instalacións depuradoras. Unha delas é unha fosa séptica, instalada en Santiago de Baamonde, nas proximidades do río Parga, cunha capacidade de 120.450 metros cúbicos ó ano. As tres restantes, depuradoras convencionais cunha capacidade total de 729.708 metros cúbicos ó ano, están situadas en San Pedro de Begonte (a maior), San Xoán de Valdomar e San Martiño de Carral, todas próximas ó río Ladra.

depuradoraABASTECEMENTO DE AUGA

O Concello de Begonte ten nestes momentos unha lonxitude de 150.510 metros de rede de abastecemento municipal de auga, dos que están en funcionamento 114.110 e 36.400 en execución.

Toda a rede está en bo estado de conservación, entre outras razóns por ser boa parte dela de recente execución, e terse utilizado materiais como o PVC e Polietileno, sendo unicamente as máis antigas de fibrocemento (Begonte, Baamonde e Camiño Real).

A primeira rede de abastecemento afectou a núcleos inmediatos ou cercanos á NVI, entre eles os dous núcleos urbanos do Abastecemento Baamondeconcello, Baamonde e Begonte. As obras máis recentes corresponden ós núcleos situados ó sur da N.VI, que carecían deste servicio.

No territorio do Concello existen tres depósitos para o abastecemento de auga: O maior, con 1.000 metros cúbicos de capacidade, está na parroquia de San Xulián de Gaibor; o segundo, con 600 m3, en Santiago de Illán; e un terceiro, con 450 m3 de capacidade, para as parroquias do sur do concello, en Abastecemento BegonteSantalla de Pena. Os dous primeiros están comunicados entre si, e abastecen a maior parte do territorio do concello.

 

O depósito de Gaibor ten unha planta de potabilización, en base á esterilización con cloro. Outra, co mesmo sistema, instalouse no depósito de Santalla de Pena.
Os depósitos de Gaibor e Illán abástense do manancial coñecido como Fonte de Alonso, e o de Santalla de Pena, de tres pozos e o manancial de Montouto.

 

Rede AbastecementoRECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA DE RÚAS

O tipo de recollida de lixo que máis se dá no concello de Begonte é a orgánica, ou non selectiva, na que non se separa os diferentes tipos de lixo.

Tres entidades do concello contan con recollida de vidro e papel, ademáis de orgánica: Begonte, Baamonde e Baltar na parroquia de San Salvador de Damil.
Por outra parte, no concello, nas épocas de ensilado, faise recollida de plástico dos silos, concentrando previamente nun punto todo o material a recoller.
O Concello, con medios propios, fai recollida mensual de residuos metálicos: lavadoras, bidóns, metálicos das camas, etc. Para a súa recollida, o concello publica o correspondente bando comunicando a data.
O cálculo do lixo que se recolle anualmente no concello presenta como principais cifras as de arredor de 1.000 toneladas/ano para os residuos orgánicos, algo máis de 5 toneladas de papel e vidro, e preto de 24 toneladas de residuos metálicos.
Baamonde e Begonte teñen limpeza viaria nas súas principais rúas.
A recollida está contratada polo concello coa empresa Celtaprix, que traslada o lixo recollido ó vertedoiro de Teixeiro (A Coruña)
A recollida non selectiva faise semanalmente en todo o concello, e dúas ou tres veces por semana nas zonas inmediatas ós núcleos urbanos. A recollida de papel, vidro e metais faise mensualmente.

ENERXÍA ELÉCTRICA

Existe subministro de enerxía eléctrica de boa calidade na totalidade do territorio do concello de Begonte.

Neste Concello existen dúas clases de iluminación pública. Unha delas, iluminación pública propiamente dita, con liña de Alumado Públicocableado, poste, lámpada e consumo custeado directamente polo Concello, que corresponde ós núcleos urbanos e ás localidades situadas ás marxes das vías principais.
O segundo sistema consiste en lámpadas situadas nas fachadas ou inmediacións das vivendas rurais do concello, conectadas ós contadores de cada propietario, que corre co consumo da instalación. O concello instala a lámpada, corre co seu mantemento e, cada ano, entrega unha determinada cantidade ó propietario como compensación polo consumo da lámpada.
A rede municipal de iluminación ten un total de 619 lámpadas, e 665 están acollidas ó segundo sistema de iluminación pública, conectadas -contador remunerado- ós contadores privados. A potencia total de iuminación pública no concello é de 146.525 W.

Últimas novas

Firma do Convenio de Colaboración entre os concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade para a prestación do Servizo de Prevención de Condutas Aditivas.

No ano 2008 os Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade cofundaron o Servizo de Prevención de condutas aditivas ...
19/07/2017

Convocatoria de subvencións para asociacións culturais, deportivas e veciñais para a realización de actividades no ano 2017

Prazo de solicitudes ata o día 24-07-2017.
O Concello de Begonte convoca as subvencións para asociacións culturais, deportivas e veciñais para a realización de actividades no ano ...
26/06/2017

QUEN DIXO REUMA??

QUEN DIXO REUMA?? O vindeiro martes 20 de xuño de 18:00 a 19:30 h. aproximadamente, na casa da Cultura de ...
08/06/2017

Festival fin de curso 2016 -2017

Sábado 10 de xuño ás 19h no Campo de Santa Isabel
07/06/2017

Matrícula para curso 2017/18 na Escola Municipal de Música de Rábade, Outeiro de Rei e Begonte

Aberto o prazo dende 1 de xuño ás 9h.
Recordarvos que o Xoves día 1 de Xuño ás 9h00 ábrese o plazo de matriculación para o próximo curso 2017/18 ...
30/05/2017
Máis novas