Polígonos Industriais

Na actualidade, o Concello de Begonte contempla un total de 2.661.605 metros cadrados de solo industrial dentro do Concello, que se distribúen da seguinte maneira:

  • Parque loxístico de Pacios-Baamonde 1.220.000
  • Recalificación de uso industrial:
  • Baamonde 470.000
  • Begonte 260.000
  • Parque empresarial actual 117.605
  • Parque promovido pola Deputación Prov. 230.000
  • Solo urbanizable industrial 70.000
  • Solo urbanizable industrial (Fibranor) 294.000

De tódolos xeitos, esta cifra ampliarase no futuro ata os 5.000.000 metros cadrados, xa que a situación e as condicións para urbanizar vano permitir.

 obras da A8

Deste xeito, Begonte convértese nun lugar excelente para situar empresas, pola dispoñibilidade de solo abundante e barato pero tamén pola súa excelente situación e comunicacións, xa que no Concello conflúen a Autovía do Noroeste (A-6), a futura Autovía do Cantábrico (A-8), as estradas N-VI (Madrid-A Coruña) e N. 634 (Rábade-Vilalba) e a liña de ferrocarril Palencia-A Coruña, con estacións en Begonte e Baamonde. Por outra parte, dista de Lugo tan só 23 kilómetros, e da Coruña (con porto e aeroporto), 61 km. E está a menos dunha hora de Santiago de Compostela, capital de Galicia, co aeroporto central do País galego.

 

4 PARQUES INDUSTRIAIS

Consciente da necesidade de industrialización para o futuro do Concello, Begonte ten proxectados catro grandes parques industriais, dos que dous xa están en funcionamento. O Plan Xeral de Urbanismo, como antes as Normas Subsidiarias de Planeamento Urbanístico do Concello, contemplan as seguintes superficies para a instalación de empresas no termo municipal de Begonte:

Begonte

Situado nas inmediacións da capital do Concello, as tres fases xa en funcionamento teñen unha superficie de 117.605 metros cadrados, e unha capacidade de arredor de medio cento de empresas. Nestes momentos hai xa construídas máis de dúas ducias de naves comerciais neste Polígono.
Begonte-Rábade


empresas polígono


polígono


Quijada polígono


naves


naves (1)


naves (2)


naves (3)


naves (6)


naves (5)

 

Compartido co veciño Concello de Rábade, é no que está instalada a – polo de agora - máis importante industria do Concello de Begonte, a factoría Fibranor (Finsa).


Finsa


Finsa (1)

Finsa

Deputación Provincial

Promovido pola Deputación Provincial de Lugo, vai ter unha superficie inicial de 370.000 metros cuadrados, coa posibilidade de ampliación a 60.000 máis nunha segunda fase.

Pacios-Baamonde

Existe xa unha reserva de solo para este parque empresarial de 1.095.649 metros cadrados. Está situado ó norte da A 6, a ámbalas dúas marxes da N. 634. Quedará delimitada polas poboacións da Rega e Pereira, e a futura Autovía A-8.

praza BaamondeA Xunta de Galicia vai investir 23,7 millóns de euros en acondicionar o Parque Subrexional Central Especializado de Pacios-Baamonde. Este parque contará con 651.910 metros cadrados de zona industrial, 29.456 de zona comercial, 12.125 para fins sociais; 30.830 de zona deportiva; 148.793 de espacios verdes e 52.897 de servicios.

Últimas novas

QUEN DIXO REUMA??

QUEN DIXO REUMA?? O vindeiro martes 20 de xuño de 18:00 a 19:30 h. aproximadamente, na casa da Cultura de ...
08/06/2017

Festival fin de curso 2016 -2017

Sábado 10 de xuño ás 19h no Campo de Santa Isabel
07/06/2017

Matrícula para curso 2017/18 na Escola Municipal de Música de Rábade, Outeiro de Rei e Begonte

Aberto o prazo dende 1 de xuño ás 9h.
Recordarvos que o Xoves día 1 de Xuño ás 9h00 ábrese o plazo de matriculación para o próximo curso 2017/18 ...
30/05/2017

Convocatoria de axudas de escolarización e para o transporte escolar curso 2016-2017

Prazo de solicitude: ata o día 15-06-2017
O Concello de Begonte convoca as axudas de escolarización e de transporte escolar para o curso 2016 - 2017: Procedemento: ...
16/05/2017

Os Tres Porquiños visitan o Concello de Begonte

Na nave I+D Maxia no Polígono Industrial de Begonte
O programa Cultura no Camiño 2017 invitavos a desfrutar desta obra musical no Concello de Begonte.      
17/04/2017
Máis novas