III Carrera Popular Ayuntamiento de Begonte
O Concello de Begonte organiza o próximo 23 de xuño de 2018, a III Carreira Popular Concello de Begonte + Xantar de convivencia, sobre unha distancia de 7000 metros aprox. na carreira absoluta que saira as 12h30, as 11h30 corren os máis pequenos, saindo cada 5 min. as restantes categorías.
A entrega de chips e dorsais realizarase o mesmo día da proba, dende as 9h30 ata unha hora antes da saída.
A inscrición realizarase online na páxina web www.championchipnorte.com, cada corredor inscrito poderá inscribir dous acompañantes como máximo para o xantar de convivencia.
O prazo para inscribirse rematará o mércores, 20 de Xuño de 2018, ás 23:59 horas.