Ir o contido principal

𝐁𝐀𝐃𝐌𝐀𝐍, 𝐔𝐍 𝐇𝐎𝐌𝐄 𝐌𝐀𝐋𝐎 😈

badman

𝐁𝐀𝐃𝐌𝐀𝐍, 𝐔𝐍 𝐇𝐎𝐌𝐄 𝐌𝐀𝐋𝐎 😈

Este 🗓 sábado día 11, ás ⏰ 17.30 horas invitámoste a acudir á 📍 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐝𝐚 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 para desfrutar da obra de teatro 🎭 𝐁𝐀𝐃𝐌𝐀𝐍, 𝐔𝐍 𝐇𝐎𝐌𝐄 𝐌𝐀𝐋𝐎.

Trátase dunha comedia tráxica con notas musicais 🎼 para público 𝐦𝐚𝐢𝐨𝐫 𝐝𝐞 𝟏𝟔 𝐚𝐧𝐨𝐬.

Na súa procura da malignidade, Andréas Kakós Ánthropos atopou dous elementos que lle permiten facer o mal: a verdade e a arte contemporánea. Sobre estes dous elementos constrúe un monólogo dialogado no que pretende incomodar ao público. Logo de tentar amosar o mal a través dun home malvado, Andréas decátase de que o mal xa está alí, no cotián, entre o público, tratando de facer reflexionar sobre o que é a maldade innata do ser humán e a súa necesidade. Unha obra nun reducido espazo con aproximacións a comedia e ao monólogo dende unha perspectiva filosófica.

Cancións e música para suavizar o mal, ou para darlle énfase. Un diálogo co público no que se permite que o público responda e fale co fin de cuestionar a bondade de todo o ben que facemos.

⏳ Duración: 50 min.

🎫 Entrada gratis.