Skip to main content

I Xornadas Técnicas de Atención á Dependencia na Casa da Cultura de Begonte

Concello de Begonte

I Xornadas Técnicas de Atención á Dependencia na Casa da Cultura de Begonte

 I Xornadas Técnicas de Atención á Dependencia
Xornadas organizadas polo Centro de Día de Begonte, coa colaboración do Concello, que van dirixidas a profesionais do sector, estudantes, familiares de persoas con dependencia e en xeral á comunidade, pois entendemos que é un tema de interese xeral.
 
Durante os tres días que duran as xornadas, abordaranse as diferentes temáticas que máis preocupan ós familiares de persoas con dependencia, sendo información útil tamén para o perfil auxiliares de enfermería, auxiliares de axuda no fogar ou persoal xerocultor.
 
O último día, sábado, é o día especialmente dedicado ós profesionais do sector, coa finalidade de actualizar os coñecementos dos mesmos e informar sobre un novo recurso, a telexerontoloxía, polo que cremos que pode resultar moi útil para os/as traballadores sociais que traballan nos servizos sociais de base.
 
Estas xornadas están avaladas polo recoñecemento de interese sanitario para actividades de carácter científico da Consellería de Sanidade.
 
Son gratuítas e existe a posibilidade de asistir a un día, dous ou os tres. As persoas que acudan ó 80% das xornadas terán un diploma de aproveitamento acreditativo.
 
Para inscribirse nas mesmas simplemente hai que chamar ó teléfono do Centro de Dia de Begonte 982 398 004