Skip to main content

Convocada probas de avaliación en competencias clave nivel 2 e 3. Solicitudes ata 10-04-14

Concello de Begonte

Convocada probas de avaliación en competencias clave nivel 2 e 3. Solicitudes ata 10-04-14

A Dirección Xeral de Emprego e Formación (Consellería de Traballo e Benestar), convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de solicitudes do 15-03-14 ao 10-04-14

Descrición do convocatoria:

  1. O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 (por exemplo estar desempregado e querer facer unha acción formativa para desempregados (AFD) de nivel 2 ou 3, e non ter os niveis formativos mínimos para acceder a un certificado nivel 2 ou 3) de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Convócanse probas nos dous niveis, 2 e 3 , nas seguintes competencias clave:
  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

Para máis información tica en competencias clave (traballo.xunta.es), nas oficinas municipais ou chamando ao número de teléfono 982 39 61 43 (preguntar por AEDL).