Proxección da película Pelerinaxes
"Pelerinaxes" é a última longametraxe de Simone Saibene e se sitúa entre a ficción e o documental. Fai o percorrido que no ano 1927 fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey dende a Praza do Ferro de Ourense ata Santo André deTeixido. Protagoniza a longametraxe a actriz lucense Carmen Méndez, que encarna a Luzía, unha investigadora que percorre ao día de hoxe as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo André de Teixido para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro.‘Pelerinaxes’ altérna o percorrido feito pola protagonista con entrevistas a homes e mulleres, figuras do mundo cultural galego.
A película está gravada nas provincias de Lugo, Ourense e A Coruña. Estará presente o director.