Skip to main content

Sétima edición do Festival 27373 de Begonte

Sétima edición do Festival 27373 de Begonte

Sétima edición do Festival 27373 de Begonte

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vai organizar a Sétima edición do Festival 27373 que terá lugar o sábado 11 de agosto no Club Fluvial de Begonte que presta as súas instalacións para a celebración deste festival.

O Festival está dividido en dúas partes:

-Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequen@s e ás familias. A partires das 12:00 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo da empresa de Begonte Non Estreses, que vai ofrecer paseos en canoa pola marabillosa contorna do río Ladra, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde.

A partires da unha a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a demostración de fiado de lá e liño, ademais da demostración de canto e música tradicional. A festa estará garantida durante a sesión vermú grazas ao grupo de música tradicional Río Miño, gracias ao programa Musiqueando pola Provincia de Lugo da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Ademais faremos a presentación da cervexa oficial do festival, a 27373, unha cervexa de trigo, laranxa e coriandro, elaborada nas instalacións de cervexas Aloumiña. Xa pola tarde, ademais dos paseos en canoa e as demostracións de fiado, a partir das cinco, comezará o VII Aberto de Billarda e tamén, a partir das cinco a Asociación Colorín Colorado de Vilalba terá dúas actividades dirixidas ao público máis pequeno, un obradoiro de xogos populares y un obradoiro de arxila. Agardemos que sexa un bo día para pasar ao carón do río, xantando e compartindo sobremesa nunha zona que conta con tódolos servizos, nun entorno de ribeira perfectamente acondicionado e coidado, onde se pode gozar dun baño, xantar nalgunha das mesas ou mesmo no campo e pasear á beira do río ao tempo que participamos nas distintas actividades.

-Pola tarde, a partir das sete e media, abrirán o festival o grupo de teatro Migallas desde Pontevedra coa obra “Merenda con Pan de millo”, unha obra musical dirixida ao público infantil e familiar que chega ao festival grazas ao Concello de Begonte. Despois subirán ao escenario, desde a comarca de Ortegal, o grupo de música tradicional, Os Carecos, cinco pandeireteiros que van poñer o torreiro patas arriba. Cuarta Xusta desde Melide, serán as encargadas de poñer notas de rock combativo e feminino. Para rematar, Berta Franklin, desde Lugo e Begonte un dos grupos revelación da escena lucense que van dar moito que falar nos vindeiros tempos, rock, blues e soul para rematar esta sétima edición.

Máis información:
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/