Xa podes visitar o Belén de Begonte
O 4 de decembro abriu as portas o Belén de Begonte e van 45 edicións, lugar de peregrinación no nadal para aqueles que queren desfrutar dun nacemento electrónico que recrea a vida dunha vila Chairega de fai uns anos atrás.
Nuns 15 minutos o Belén de Begonte representa distintas circunstancias meteorolóxicas (neve, choiva, trono,...), amosa oficios antigos que se facían e que se siguen facendo en calquera pobo de Galicia, ademais das accións típicas dun belén (podemos ver os reis magos movéndose dirección o portal de Belén…, e moito máis).
Un espacio-tempo no que recordase aquela primeira vez que o visitaches xa fora co colexio ou cos teus pais, recupéranse e creánse novas sensacións e os que o ven por primeira vez sorpréndense da minuciosidade coa que teñen que traballar os que o montan, xa que os movementos das pezas imprime realidade a este Belén (Festa de interese turístico de Galicia dende 2014).
Sen lugar a dúbidas os que máis desfrutan desta visita son os máis pequenos, e son moitos os que veñen cos seus colexios antes de rematar as clases por este ano, nalgúns incluso coincide co primer desprazamento en bus e sen os seus pais. Por iso e un recordo que os acompañara nas súas vidas.
Uns meses atrás Carlos Torres, Ramiro Cruz, Jesús Veiga e Jesús Domínguez (irmán de José Domínguez Guizán que con José Ródríguez Varela fundaron o Belén de Begonte en 1972) montan, crean e fan os axustes necesarios para que todo funcione correctamente os días que se pode visitar o Belén de Begonte (consulta horarios e días). Cada ano intentan incorporar pezas novas, difíciles de atopar senon coñeces ben o Belén, e convírtese nun desafío encontralas.
Este ano inagurouse o 3 de decembro co pregon do Bispo da Diocese de Mondoñedo - Ferrol Luis Ángel de las Heras Berzal quen expresou o seguinte:
Recoméndase a visita o Museo José Rodríguez Varela (Museo do Belén) que se encontra nunha sala contigua o Belén, podense ver pezas e figuras retiradas de anos anteriores, maquetas realizadas por José Varela (casas tradicionais, monumentos emblemáticos) e as obras premiadas no Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” de anos anteriores.
A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Dominguez Guizan, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil (consultar as bases (pdf).
Como chegar o Belén electrónico de Begonte CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN (mapa localización)
Barrio de Quitimil, nº2, 27373 Begonte (Lugo)
Rutas sugeridas dende Lugo:
1. N-VI, 19,2 km 19 min
2. A-6, 25,6 km 23 min
Horarios de visita decembro 2016 a xaneiro 2017
Dende o 04-12-2016 ata o 21-12-16: Festivos e fins de semana: 11h a 13h e de 15h a 19h Laborais: solo visitas concertadas. A partir do 22-12-16 ata o 06-01-17: Tódolos días:11h a 13h e 15h a 19h Dende o 07-01-17 ata o 30-01-17: Festivos e fins de semana:11h a 13h e de 15h a 19h |