QUEN DIXO REUMA??
QUEN DIXO REUMA??
O vindeiro martes 20 de xuño de 18:00 a 19:30 h. aproximadamente, na casa da Cultura de Begonte, a Liga Reumatolóxica Galega desenvolverá unha sesión formativa centrada en:
- Principais enfermidades reumáticas
- Eliminación de mitos
- Consellos valiosos para a calidade de vida.
Acompáñanos nesta actividade aberta a toda a poboación interesada, previa comunicación da súa asistencia no teléfono 982.396.012 ou no correo electrónico prevenciondrogas@rabade.org.
Organizado por:
Concello de Begonte
Centro de Día de Persoas Maiores de Begonte
Impartido por:
Ana Vázquez Lojo
Presidenta da LRG, Logopeda e Terapeuta Ocupacional
Lucía Fernández Caamaño
Terapeuta Ocupacional da LRG