6º Concurso de Tapas Concello de Begonte
O 27 de outubro dase o pistoletazo de saída para o 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte, este ano con 13 participantes, dous máis que o ano pasado o Madia Leva e o Km 101, novos establecementos que inaguráronse no 2017 e que completan a oferta gastronómica deste concello.
Sigue medrando este concurso, que motiva os participantes a encerrarse nas súas cociñas e innovar creando novas tapas, capazes de sorprender en aspecto e sabor os clientes máis exisentes, coa meta final de facerse co primeiro posto no concurso anual de tapas, aproveitando ademais este evento para dar a coñercer os seus establecementos e mostrar o seu saber facer, de moitos anos na maioría deles, ou ca ilusión dos que empezan un camiño que queren que se manteña tempo.
Si sellas e puntúas tódalas tapas (prezo de 1,80 €) no tríptico que encontraras nos establecementos participantes e o depositas nalgún deles, poderas participar no sorteo dun fin de semana de hotel.
As tapas para o 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte son:
- KM 101
- Café Bar Cereixo
- Casa Varela
- Casa Carteiro
- Cafetería A Cantina
- Madia Leva
- Casa Pichin
- Restaurante Pazyana
- Café Bar A Rotonda
- Parrillada Ruta Esmeralda
- Sara Café & Bar
- Taberno do Labrego
- Restaurante Galicia
Horario no que sirven as tapas do concurso:
De luns a domingo de 20h a 23h.
Nota: Hai un erro nos horarios dos trípticos, os horarios nos que se sirven as tapas do concurso son tódolos días de 20h a 23h.
isc6