Skip to main content

Resultado do 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte

Resultado 6º concurso tapas

Resultado do 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte

O pasado luns 6 de novembro de 2017, fallouse o resultado do 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte, na Casa da Cultura de Begonte, abríronse as urnas (que custodiaba cada local participante) que contiñan os trípticos das persoas que degustaron todas as tapas (13) seladas e puntuadas do 1 ao 5.

Ademais cada establecemento premiou o acto de depositar o tríptico na súa urna, sacándose un tríptico de cada unha, para a continuación depositalas nun urna común e  sacar a gañador dun fin de semana para dúas persoas no Hotel de Natureza Santa Ana.

Este ano foron 210 trípticos válidos que puntuaron a tódolos establecementos do 1 ao 5, despois do reconto deu como gañador do 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte a proposta de Casa Pichín (877 puntos) desbancando o gañador de tódalas edicións anteriores (5) Casa Varela, en segundo lugar e subindo un peldaño Restaurante Paz y Ana (814 puntos) e en terceiro lugar o KM 101 (804 puntos) que iniciou a súa andadura gastronómica no presente ano.

Noraboa a proposta gañadora e as que lle seguiron máis de cerca e que subiron o podium deste concurso e felicitar tamén o resto de participantes pola súa competitividade que fan que este concurso se manteña vivo co paso dos anos e animalos para seguir sorprendéndonos o vindeiro ano.

 

isc6