Nomeamento de fillos predilectos deste Concello a Sergio Rábade Romeo e Víctor Corral Castro.
O Alcalde e membros da corporación municipal de Begonte (Lugo), comprácense en invita lo/a ao acto que se celebrará o próximo 25 de abril, sábado, ás 17:00 h, no salón de actos do Centro cultural José Domínguez Guizán (ubicación do Belen electrónico de Begonte), no decurso do cal se nomeará fillos predilectos deste Concello aos ilustres begontinos D. Sergio Rábade Romeo e D. Víctor Corral Castro.
Sergio Rábade Romeo (Foto galiciadigital) nacido en Saavedra (Begonte, Lugo) en 1925, é unha das personalidades máis destacadas da filosofía e a universidade españolas das últimas décadas. A súa obra pode cualificarse de única no panorama filosófico hispánico, centrada na análise dos principais aspectos da Teoría do Coñecemento e na súa reconstrución crítica a través do estudo da obra dos principais filósofos que acuñaron e desenvolveron a devandita disciplina, dende os seus antecedentes medievais ata o século XX.
O profesor Rábade desempeñou, entre outros cargos, os de director do Instituto Luis Vives de Filosofía, presidente da Sociedade Española de Filosofía, decano da Facultade de Filosofía da Universidade Complutense de Madrid, vicereitor por dúas veces da propia Universidade Complutense e comisario promotor e primeiro reitor da Universidade San Pablo-CEU. Recibiu numerosos premios e distincións, entre os que cabe destacar a Encomenda da Orde deAlfonso X o Sabio ou a concesión da medalla Castelao de la Xuntade Galicia en 2001. [ler máis...].
Víctor Corral Castro (Foto Carlos Valcarce) nacido en Baamonde en 1937 nunha familia de once irmáns. É escultor, e en Baamonde abre ó mundo a súa Casa Museo.
Estudou Artes e Oficios na Coruña co escultor José Juan, e en Barcelona con Montagut. Tivo un obradoiro en Barcelona, onde chegou a tallar 40 “Quixotes” no día; expuxo con éxito, e volveu á terra para consagrarse como gran artista, xa que, según Francisco Pablos, “comprendeu que había outros mundos, pero estaban no seu, no seu Baamonde natal, porque o universo todo pode e debe encerrarse na propia imaxinación creadora”.
Ten exposto en Lugo, A Coruña, Santiago, Vigo, Ferrol, Pontevedra, Oviedo, Madrid, Barcelona, Xenebra… A súa obra figura no Parlamento de Galicia, en museos de Chicago, Nova Iorque, Lugo, A Coruña, Pontevedra… Ten obras en lugares públicos de Vilalba, Guitiriz, As Pontes, Begonte, Cospeito, Foz, Cacheiras, e en varios puntos da Autovía e N.VI Madrid-A Coruña. [ler máis...]