Pasar al contenido principal

Resultado do III Concurso de Tapas Concello de Begonte

Concello de Begonte

Resultado do III Concurso de Tapas Concello de Begonte

 

O mércores 12 de novembro 2014, dende as 10 h nas oficinas do Concello de Begonte, realizouse o reconto dos trípticos de participación que depositaron todos os que degustaron as 11 tapas e que estaban seladas nos respectivos establecementos. 

Unha man inocente extraeu entre todos os trípticos o gañador da Tablet Galaxy Tab, e os premios cos que os establecementos agasallaban os que deixaron o triptico na súa urna.

A continuación léronse  os 336 trípticos que cumprían os requisitos para ser válidos (selar en tódolos establecementos) e unha vez contabilizadas, confirmouse como gañadores (despois de 336 votacións)  deste III Concurso de Tapas Concello de Begonte a Casa Varela título da tapa ”Vertical de Casa Varela” e Casa Pichín tapa “Cocochas de Peixe Sapo con salsa de nozcoa mesma puntuación, quedando segundo Cereixo tapa “O rei do mar , e terceiro Casa Carteiro tapa “Xabarín en Salsa con puré e crocante de xamón”.

Un ano máis o Concello de Begonte destaca a calidade das tapas do concurso (puntuacións altas), e a participación que incrementouse con respecto o ano pasado, agradecendo os 11 establecementos  o seu tempo, esforzo, imaxinación, innovación e calidade para preparar unhas tapas que seguen poñendo o nivel moi alto para os vindeiros concursos e que despertan o interés de moita xente non so do noso concello hai trípticos que puideron participar o sellar e tódolos establecementos deGuitiriz, Otero de Rei, A Coruña, Bizkaia, Cospeito, Rábade, Vilalba, Lugo, Toledo, Madrid, Guadalajara, Castro de Rei, Friol, Pastoriza. 

Esperando que se levaran unha impresión moi boa deste concello os que non o desfrutan a diario, e animalos a repitir a visita, para disfrutar non so da gastronomía senón tamén dos seus paisaxes, da Casa Museo de Victor Corral, rutas de sendeirismo, das súas Igrexas e Capelas, e actividades de ocio e tempo libre organizadas por empresas deste concello, do Belen Electrónico de Begonte declarado este outubro 2014 Festa de Interese Turístico de Galicia (decembro e xaneiro), e sobre todo da súa xente.