Pasar al contenido principal

IV Concurso de Tapas Concello de Begonte 2015

Concello de Begonte

IV Concurso de Tapas Concello de Begonte 2015


Xa metidos no outono chega o IV Concurso de Tapas Concello de Begonte, nado no 2012 mantense como cita gastronómica ineludíbel neste concello, mellorando ano a ano a calidade das propostas e a participación de xente, que degusta as diferentes tapas (fai o camiño das tapas do Concello de Begonte).

Este ano serán 12 os restaurantes e bares que compiten por ser as 3 mellor valoradas por votación popular, pero ademais e como novidade un xurado profesional premiara ás 3 mellores.

O ano 2014 destacou pola súa competencia ata o punto de que houbo dous establecementos que obtiveron a mesma puntuación (consíguese polos puntos que outorga a xente que degusta todas as tapas e deposita a papeleta na urna do concurso situada nos distintos establecementos participantes) despois de 336 votacións, estás foron Casa Varela título da tapa ”Vertical de Casa Varela” e Casa Pichín tapa “Cocochas de Peixe Sapo con salsa de noz”.

Coa seguridade de que un ano máis os restauradores participantes no concurso vanse esforzar por mellorar, e innovar para sorprendernos e reafirmarnos no seu saber facer, invítanlles a desfrutar desta experiencia gastronómica, nun entorno cercano, familiar e aberto para todos os públicos.

Os que xa coñecen este concello poden aproveitar para visítalo de novo e revivir experiencias anteriores ou desfrutar de novas, e os que non o coñecen descubrirán ademais dun lugar onde se come moi ben, un patrimonio natural, cultural e arquitectónico de visita obrigatoria dentro da nosa comunidade (o Camiño Norte de Santiago que pasa por Baamonde foi declarado Patrimonio da Humanidade 2015 e dende novembro de 2014 o Belén Electrónico de Begonte e Festa de Interés Turístico de Galicia).

Os participantes e as súas propostas para o IV Concurso de Tapas Concello de Begonte son:

 Restaurante Ruta Esmeralda
 Café Bar Sara
 Café Bar A Rotonda
 Casa Carteiro
 Café Bar Cereixo
 Casa Pichín
 Cafetería A Cantina
 Restaurante Pazyana
 Taberno do Labrego
 Casa Varela
 Restaurante Galicia
 Hostal-Restaurante San Martín

 

isc6