Ven o Belén Electrónico de Begonte!!! distinguida Festa de Interese Turístico de Galicia 2014.
Un ano máis e van 43 os que o Belén de Begonte abre as súas portas nos primeiros días de decembro, fiel a súa cita nestas datas, anticipa as festas e xa nos pon en ambiente de nadal.
Este ano ademais esta de en hora boa xa que foi distinguido o 23 de outubro polo Consello de Xunta como Festa de interese turístico de Galicia, cumprindo cos requisitos de antigüidade, singularidade, arraigamento popular, o seu valor cultural e a afluencia de visitantes.
Nesta edición o pregón foi a cargo do presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo quen salientou:
Datos do Belén de Begonte:
- Ano creación: decembro 1972
- Fundadores: José Domínguez Guizan e José Rodríguez Varela (fillo predilecto a título póstumo do Concello de Begonte).
- Superficie ocupada polo Belén é de 150 m2 e máis de 150 figuras.
- Créanse artesanalmente tódolos anos novas pezas, por veciños de Begonte desinteresadamente.
- Inauguración o primeiro sábado de decembro (do ano en curso) e pódese visitar ata último sábado de xaneiro (do ano novo).
- Belén con vida propia, no que as figuras están animadas electrónicamente e que se renovan cada ano, conxuntamente, conforman unha escena do Belén tradicional axustado a Galicia, reproducíndose casas rurais de Galicia, onde os labregos cultivan a terra, os pastores atenden o gando, os carpinteiros fan as súas labores, os pescadores pescan, onde ademais se representa o día, a noite, tormentas, nevadas, as estacións do ano.
- Este ano 2014 incorporarase unha figura inspirada en José Rodríguez Varela o “alma do Belén”.
- Na localización do Belén electrónico encóntrase o Museo do Belén de Begonte, con figuras e pezas que se retiran do belén, pódese ver o mecanismo con cinco motores eléctricos e un cegoñal que o movía nos primeiros anos así como as obras premiadas nos certames de arte de anos anteriores.
*Fotos do museo do Belén.
- Visitantes anuais: sobre 40.000 de tódalas idades.
- Horario de visitas:
Dende o 5-12-2014 ata o 22-12-14: Festivos e fins de semana: 11h a 13h e de 15h a 19h Laborais: solo visitas concertadas. A partir do 23-12-14 ata o 6-1-15: Tódolos días:11h a 13h e 15h a 19h Dende o 7-1-15 ata o 31-1-15: Festivos e fins de semana:11h a 13h e de 15h a 19h Grupos: avisar previamente ó teléfono 982 396 121 |
- A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Dominguez Guizan, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil (bases en pdf).
- Cómo chegar o Belén electrónico de Begonte:
CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN (mapa)
Barrio de Quitimil, nº2,27373 Begonte (Lugo)
Rutas sugeridas dende Lugo:
1.N-VI,19,2km 19min
2. A-6, 25,6 km 23 min
isc6