Pasar al contenido principal

Ven o Belén Electrónico de Begonte!!! distinguida Festa de Interese Turístico de Galicia 2014.

Concello de Begonte

Ven o Belén Electrónico de Begonte!!! distinguida Festa de Interese Turístico de Galicia 2014.

Un ano máis e van 43 os que o Belén de Begonte abre as súas portas nos primeiros días de decembro, fiel a súa cita nestas datas, anticipa as festas e xa nos pon en ambiente de nadal.

Este ano ademais esta de en hora boa xa que foi distinguido o 23 de outubro polo Consello de Xunta como Festa de interese turístico de Galicia, cumprindo cos requisitos de antigüidade, singularidade, arraigamento popular, o seu valor cultural e a afluencia de visitantes.

Nesta edición o pregón foi a cargo do presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo quen salientou:

“que ao longo dos seus máis de 40 anos de existencia, xa se converteu nun gran referente vital para todos nós”. Do mesmo xeito enxalzou a súa tradición como “un fenómeno que traspasa o seu carácter relixioso para formar xa parte do noso patrimonio cultural”.

Datos do Belén de Begonte:

  • Ano creación: decembro 1972
  • Fundadores: José Domínguez Guizan e José Rodríguez Varela (fillo predilecto a título póstumo do Concello de Begonte).
  • Superficie ocupada polo Belén é de 150 m2 e máis de 150 figuras.
  • Créanse artesanalmente tódolos anos novas pezas, por veciños de Begonte desinteresadamente.
  • Inauguración o primeiro sábado de decembro (do ano en curso) e pódese visitar ata último sábado de xaneiro (do ano novo).
  • Belén con vida propia, no que as figuras están animadas electrónicamente e que se renovan cada ano, conxuntamente, conforman unha escena do Belén tradicional axustado a Galicia, reproducíndose casas rurais de Galicia, onde os labregos cultivan a terra, os pastores atenden o gando, os carpinteiros fan as súas labores, os pescadores pescan, onde ademais se representa o día, a noite, tormentas, nevadas, as estacións do ano.
  • Este ano 2014 incorporarase unha figura inspirada en José Rodríguez Varela o “alma do Belén”.
  • Na localización do Belén electrónico encóntrase o Museo do Belén de Begonte, con figuras e pezas que se retiran do belén,  pódese ver o mecanismo con cinco motores eléctricos e un cegoñal que o movía nos primeiros anos así como as obras premiadas nos certames de arte de anos anteriores.

         

         *Fotos do museo do Belén.

  • Visitantes anuais: sobre 40.000 de tódalas idades.
  • Horario de visitas:      

Dende o 5-12-2014 ata o 22-12-14:

Festivos e fins de semana: 11h a 13h e de 15h a 19h

Laborais: solo visitas concertadas.

A partir do 23-12-14 ata o 6-1-15: 

Tódolos días:11h a 13h e 15h a 19h

Dende o 7-1-15 ata o 31-1-15:

Festivos e fins de semana:11h a 13h e de 15h a 19h

Grupos: avisar previamente ó teléfono 982 396 121

        CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIN (mapa)

        Barrio de Quitimil, nº2,27373 Begonte (Lugo)

        Rutas sugeridas dende Lugo:

        1.N-VI,19,2km        19min

        2. A-6, 25,6 km       23 min

isc6