05/09/2024 CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á ELABORACIÓN DO PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.
Lévase a cabo a correspondente consulta pública a través do portal web do concello e recabase a opinión dos suxeitos e das organizacións mais representativas potencialmente afectados pola futura norma, para que no prazo de dez (10) días naturais - a contar desde a publicación do anuncio - se pronuncien respecto dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.