26/02/2025 INFORMACÍON PÚBLICA DO PLAN PARCIAL DE AMPLIACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DE BEGONTE - FASE 1.
Aprobouse incialmente por Resolución da Alcaldía de 4 de febreiro de 2025, o Plan Parcial de iniciativa particular para a ampliación do Parque Empresarial de Begonte-Fase 1, promovido pola mercantil Berina Patrimonios, S.L. e redactado pola Arquitecta, Dna. Carmen Viño Vila.
O expediente aprobado se somete a información pública polo prazo de DOUS MESES, mediante anuncios a publicar no “Diario Oficial de Galicia”, no xornal “El Progreso” de Lugo, no taboleiro de editos do concello e páxina web e así mesmo, e en aplicación do disposto no artigo 44 da lei 39/2015, de 1 de outubro, se publicará no BOE, que servirá de notificación para toda-las persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou ignorarse a súa dirección non poidan ser notificadas persoalmente ou intentada a notificación non se puidese practicar.
21/01/2025 EXPOSICIÓN PUBLICA DO INVENTARIO DE VÍAS E CAMIÑOS MUNICIPAL
Aprobouse inicialmente polo pleno do Concello, na sesión ordinaria de data 17 de xaneiro de 2025 o Inventario de vías e camiños municipais.
Exponse ó público na secretaría deste Concello, polo prazo de vinte días hábiles -que empezarán a contarse dende o seguinte ó da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia- a fin de que durante o mesmo, os interesados poidan formular as reclamacións que se consideren pertinentes.
18/12/2024 CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á ELABORACIÓN DO PROXECTO DE ORDENANZA FISCAL MUNICIPAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA VENDA DE ARTIGOS E MATERIAL PUBLICITARIO DO CONCELLO DE BEGONTE.
Lévase a cabo a correspondente consulta pública a través do portal web do concello e recabase a opinión dos suxeitos e das organizacións mais representativas potencialmente afectados pola futura norma, para que no prazo de dez (10) días naturais - a contar desde a publicación do anuncio - se pronuncien respecto dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
05/09/2024 CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á ELABORACIÓN DO PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.
Lévase a cabo a correspondente consulta pública a través do portal web do concello e recabase a opinión dos suxeitos e das organizacións mais representativas potencialmente afectados pola futura norma, para que no prazo de dez (10) días naturais - a contar desde a publicación do anuncio - se pronuncien respecto dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
05/09/2024 CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á ELABORACIÓN DO PROXECTO DE ORDENANZA FISCAL MUNICIPAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Lévase a cabo a correspondente consulta pública a través do portal web do concello e recabase a opinión dos suxeitos e das organizacións mais representativas potencialmente afectados pola futura norma, para que no prazo de dez (10) días naturais - a contar desde a publicación do anuncio - se pronuncien respecto dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Plan de Medidas Antifraude
O Concello de Begonte acorda o correspondente Plan de Medidas Antifraude co contido que se establece a continuación e cuxo obxectivo é establecer os principios e normas de aplicación, observancia en todo referente a materia antifraude, anticorrupción e a evitación dos denominados conflitos de intereses, todo iso relativo ao Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia (MRR).

No ano 2017 o Concello de Begonte, solicitó unha axuda para rehabilitar a envolvente térmica dun edificio multiusos municipal que se dedicaba antigamente como Cámara agraria. Está axuda pretendía incentivar e promover a realización de actuacións de reforma que favorezan o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética...
Máis información

En outubro de 2018 ou Concello de Begonte, solicitou unha axuda para a REALIZACIÓN DUN PROXECTO SINGULAR DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO, Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía...
Máis información