Ir o contido principal

Servizos Municipais

EQUIPAMENTOS

equipamentos_0_0.gif

ESTRADAS

estradas_0_0.gif

SANEAMENTO

A rede de saneameento do Concello ten unha lonxitude de 18.393 metros, dos que 13.162,60 están en funcionamento, e 5.230,40 en execución.

A rede en funcionamento corresponde ás dúas localidades principais do Concello, e os núcleos situados nas beiras da Nacional VI.

saneamento-begonte_0.gif

Saneamiento Begonte

saneamento-baamonde_0.gif

Saneamiento Baamonde

Existen catro instalacións depuradoras. Unha delas é unha fosa séptica, instalada en Santiago de Baamonde, nas proximidades do río Parga, cunha capacidade de 120.450 metros cúbicos ao ano. As tres restantes, depuradoras convencionais cunha capacidade total de 729.708 metros cúbicos ao ano, están situadas en San Pedro de Begonte (a maior), San Xoán de Valdomar e San Martiño de Carral, todas próximas ao río Ladra.

ABASTECEMENTO DE AUGA

O Concello de Begonte ten nestes momentos unha lonxitude de 150.510 metros de rede de abastecemento municipal de auga, dos que están en funcionamento 114.110 e 36.400 en execución.

Abastecimiento de Agua

 

Toda a rede está en bo estado de conservación, entre outras razóns por ser boa parte dela de recente execución, e utilizarse materiais como o PVC e  polietileno, sendo só as máis antigas de fibrocemento (Begonte, Baamonde e Camiño Real).

A primeira rede de abastecemento afectou a núcleos inmediatos ou próximos á  N-VI, entre eles os dous núcleos urbanos do concello, Baamonde e Begonte. As obras máis recentes corresponden aos núcleos situados ao sur da  N-VI, que carecían deste servizo.

No territorio do Concello existen tres depósitos para o abastecemento de auga: O maior, con 1.000 metros cúbicos de capacidade, está na parroquia de San Xulián de Gaibor; o segundo, con 600  m3, en Santiago de Illán; e un terceiro, con 450  m3 de capacidade, para as parroquias do sur do concello, en Santalla de Pena. Os dous primeiros están comunicados entre si, e abastecen á maior parte do territorio do concello.

O depósito de Gaibor ten unha planta de potabilización, en base á esterilización con cloro. Outra, co mesmo sistema, instalouse no depósito de Santalla de Pena.

Os depósitos de Gaibor e Illán abastécense do manancial coñecido como Fonte de Alonso, e o de Santalla de Pena, de tres pozos e o manancial de Montouto.

rede_abastecemento2_0.gif

RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA DE RÚAS

O tipo de recollida de lixo que máis se dá no concello de Begonte é a orgánica, ou non selectiva, na que non se separan os diferentes tipos de lixo.

Tres entidades do concello contan con recollida de vidro e papel, ademais de orgánica: Begonte, Baamonde e Baltar na parroquia de San Salvador de Damil.

Por outra banda, no concello, nas épocas de ensilado, faise recollida de plástico dos silos, concentrando previamente nun punto todo o material a recoller.

O Concello, con medios propios, fai recollida mensual de residuos metálicos: lavadoras, bidóns, metálicos das camas, etc. Para a súa recollida, o concello publica o correspondente bando comunicando a data.

O cálculo do lixo que se recolle anualmente no concello presenta como principais cifras as de ao redor de 1.000 toneladas/ano para os residuos orgánicos, algo máis de 5 toneladas de papel e vidro, e preto de 24 toneladas de residuos metálicos.

Baamonde e Begonte teñen limpeza viaria nas súas principais rúas.

A recollida está contratada polo concello coa empresa Celtaprix, que traslada o lixo recollido ao vertedoiro de Teixeiro (A Coruña).

A recollida non selectiva faise semanalmente en todo o concello, e dúas ou tres veces por semana nas zonas inmediatas aos núcleos urbanos. A recollida de papel, vidro e metais faise mensualmente.

ENERXÍA ELÉCTRICA

Existe subministración de enerxía eléctrica de boa calidade na totalidade do territorio do concello de Begonte.

Neste concello existen dúas clases de iluminación pública. Unha delas, iluminación pública propiamente dita, con liña de cableado, poste, lámpada e consumo custeado directamente polo Concello, que corresponde aos núcleos urbanos e ás localidades situadas nas marxes das vías principais.

alumado_0_0.gif

O segundo sistema consiste en lámpadas situadas nas fachadas ou proximidades das vivendas rurais do concello, conectadas aos contadores de cada propietario, que corre co consumo da instalación. O concello instala a lámpada, corre co seu mantemento e, cada ano, entrega unha determinada cantidade ao propietario como compensación polo consumo da lámpada.

A rede municipal de iluminación ten un total de 619 lámpadas, e 665 están acollidas ao segundo sistema de iluminación pública, conectadas -contador remunerado- aos contadores persoais. A potencia total de iluminación pública no concello é de 146.525  W.