Ir o contido principal

Emprego

Servizo Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL Begonte)

Funcións do AEDL, entre as que destacan:

  • Comunicación, información e asesoramento ás empresas, ós emprendedores e ós demandantes de emprego.
  • Axuda á inserción laboral dos desempregados.
  • Facilitar información sobre axudas.
  • Colaboración e apoio co Servizo Público de Emprego en relación a programas de orientación e información profesional, captación de ofertas.
  • Fomento da cultura emprendedora e do espíritu emprendedor.
  • Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, no ámbito local.
  • Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais.
  • Apoio a promotores e promotoras de empresas.
  • Colaboración coas Oficinas de Emprego de Lugo e co resto de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local, fundamentalmente da comarca da Terra Cha.
 
Portais para a busqueda de emprego:
 
 
Formación:
 

O Centro de Formación Academia Fernández (Afer Formación) de Rábade informa sobre os cursos incluídos na programación AFD 2024/2025 que ten concedida.

Os cursos son certificados de profesionalidade oficiais e subvencionados pola administración, polo que é gratis para o alumnado.

Máis información en AFER formación:

  • TLFNOS: 982 390 128 / 696 025 577 
  • CORREO ELECTRÓNICO: info@aferformación.es

formacion AFER

 

Ofertas de emprego público:

 

Ofertas de emprego:

03/02/2025 Persoal para a Escola Infantil Municipal de Begonte.

Rematada a obra da Escola Infantil Municipal de Begonte e en proceso de tramitación para a apertura, e de adxudicación da contratación do Servizo de Xestión da mesma, infórmase da posibilidade de enviar currículos ao Concello de Begonte a dirección aedl@concellodebegonte.es, os postos vacantes, axustaranse ao ratio de persoal necesario para a cobertura do servizo segundo o número de nenos/as no servizo (si se cubren tódalas prazas sería ratio 4).

No asunto do correo, especificar o posto o que presenta candidatura á Escola Infantil Municipal de Begonte.

O persoal dedicado a funcións educativas e de atención directa aos/ás nenos/as deberá estar en posesión das seguintes titulacións:

Persoal de atención:

  • Licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía.
  • Mestre/a especialista en educación infantil ou equivalente
  • Técnico superior en educación infantil ou equivalente

Persoal de apoio que ademais das titulacións anteriores poderá estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Técnico en atención sociosanitaria
  • Técnico superior en animación sociocultural
  • Técnico en coidados auxiliares de enfermaría
  • Diplomado/a en puericultura recoñecido pola consellería de sanidade
  • Ou aqueloutras recoñecidas como apropiadas polo órgano competente na autorización do centro.

Unha vez adxudicada a xestión de Escola Infantil Municipal de Begonte a empresa que prestará o servizo, os currículos recibidos, trasladaráselles para que realizen eles a selección.

 

Ofertas de emprego público do Concello de Begonte:

23/12/2024 Convocatoria para a selección Persoal Laboral de contrato de relevo dunha praza de Oficial 1ª / 2ª con destino a brigada de obras e servizos do Concello de Begonte:

Prazo de presentación: 10 días naturales, a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo

Nota aclaratoria

Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación  no proceso selectivo Instancia xeral tendo en conta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón se envía así, terase que aportar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.

Na casilla expón, poñerase a seguinte lenda “Selección para un Oficial 1ª / 2ª".

20/11/2024 Convocatoria para a selección do Obradoiro dual de emprego "Cumes da Terra Chá VIII" dos Concello de Begonte, Rábade e Friol ano 2024, en aplicación da subvención outorgada pola Consellería de Emprego, Comerio e Emigración, ao abeiro da orde do 7 de febreiro de 2024.

11/06/2024 Convocatoria para a contratación con carácter temporal, en réxime de dereito laboral temporal e a xornada completa, dos seguintes postos de traballo para a constitución no municipio de Unha Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios forestais para este ano 2024, compostas de cinco membros: 1 Xefe de Brigada (Capataz Forestal), 3 Peóns de Brigada e 1 Peón-Condutor con carné B.

Prazo de presentación: 10 días naturais a contar dende o día seguinte a publicación no BOP Lugo.

Nota aclaratoria

Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo a través do trámite destacado - Selección Brigada Prevención e defensa Incendios forestais, e a documentación que se envía non é orixinal ou copias electrónicas autenticas (dixitalización dun orixinal por unha administración), poderase solicitar o cotexo das copias achegadas, requirindo a exhibición do documento ou da información orixinal. A non presentación dos orixinais para a súa autenticación suporá a exclusión do solicitante.

No expón poñerase a seguinte lenda “Selección Brigada Prevención e Defensa contra Incendios Forestais 2024 e no solicita poñer o posto no que se inscribe.

Non estará activado este procedemento en la sede ata o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP Lugo.

10/06/2024 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 1 Monitor deportivo, no Concello de Begonte, PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO 2024 (Financiado pola Deputación Provincial de Lugo). 

Prazo de presentación: 10 días naturais, a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo.

24/05/2024 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 2 peóns en situación ou risco de exclusión social perceptores de RISGA no Concello de Begonte.

03/05/2024 Convocatoria para a contratación con carácter temporal a xornada completa de 1 Peón forestal, Programa Aprol Rural 2024 do Concello de Begonte.

30/04/2024 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 7 Peóns obra pública, no Concello de Begonte, PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO 2024 (Financiado pola Deputación Provincial de Lugo). 

Prazo de presentación: 10 días naturais,  a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo (si o último día de prazo de presentación da solicitude é inhábil, prorrogarase o primeiro día hábil).

Nota aclaratoria

Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo (trámite destacado - Selección de persoal - Peón obra pública PROGRAMA RE), @teniendo en cuenta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón envíase así, terase que achegar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.

Na casa expón, poñerase a seguinte lenda “Selección para un Peón Obra PRE 2024".

14/03/2024 Convocatoria para a selección Persoal Laboral Interino dunha praza de Peón Obra e Servizos Multiples no Concello de Begonte:

Prazo de presentación: 10 días naturales, a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo (si coincide cun día inhábil, o prazo de presentación da solicitude pasará o primeiro día hábil).

Nota aclaratoria

Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación  no proceso selectivo (trámite destacado - Selección de persoal peón servizos múltiples), tendo en conta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón se envía así, terase que aportar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.

Na casilla expón, poñerase a seguinte lenda “Selección para un Peón Obra e Servizos Multiples".

26/01/2024 Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal no Concello de Begonte, de 1 posto de PEÓN TRACTORISTA a encadrar dentro da Brigada Municipal de Obras e Servizos:

Prazo de presentación: 5 días hábiles, a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo (si coincide cun día inhábil, o prazo de presentación da solicitude pasará o primeiro día hábil).

Nota aclaratoria:

Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación  no proceso selectivo (trámite destacado - Selección de persoal), tendo en conta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón se envía así, terase que aportar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.

Na casilla expón, poñerase a seguinte lenda “Selección para un posto de Peón tractorista 2024".