Ir o contido principal

Aberto o prazo para inscribirse nas accións formativas do II Pacto Provincial Polo Emprego II

Concello de Begonte

Aberto o prazo para inscribirse nas accións formativas do II Pacto Provincial Polo Emprego II

Publicouse hoxe 03-11-14 no BOP as bases para A SELECCIÓN DE BENEFICIARIOS DOS ITINERARIOS INTEGRADOS DE  INSERCIÓN SOCIOLABORAL, NO MARCO DO PROXECTO “LUGO-PACTO PROVINCIAL POLO EMPREGO II”

Beneficiarios

Deben cumprir cos seguintes requisitos:

Perfil A:

Persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na oficina de emprego correspondente.

Perfil B:

Desempregados e inscritos como demandantes de emprego na oficina de emprego correspondente con dificultade de inserción laboral:

  • Menores de 30 anos.
  • Maiores de 45 anos.
  • Persoas desempregadas de longa duración (máis dun ano).
  • Persoas afectadas por unha minusvalía física, psíquica ou sensorial.
  • Persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico.
  • Persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social tales como extoxicómanos ou ex recluídos.
  • Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minorías na sociedade.
  • Inmigrantes.
  • Mozos/as que non superaron a ensinanza obrigatoria.
  • Coidadores non profesionais que atenden a persoas en situación de dependencia.
  • Outras persoas cualificadas en exclusión social de acordó coas certificacións expedidas a tal fin polos seus correspondentes Servizos Sociais.
  • Outras persoas ou grupos identificados no Plan Nacional de Inclusión Social.

Os beneficiarios deben estar empadroados nalgún concello da provincia de Lugo, agás no Concello de Lugo, por ser beneficiario dun proxecto de similares características.

Inscricións

Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia (veciños de Begonte Oficina de Emprego Lugo Sur).

As 67 accións formativas, que se celebrarán nas zonas centro, sur e norte da provincia, sumando máis de 8.300 horas de formación, distribúense do seguinte xeito:

  • 19 cursos de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, cunha carga lectiva de 640 horas por curso.
  • 19 cursos de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, de 490 horas por curso.
  • 3 de técnico de transporte sanitario, de 425 horas.
  • 6 de operacións básicas de cociña, de 420 horas.
  • 5 de operacións básicas de restaurante e bar, de 360 horas.
  • 6 de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, de 270 horas.
  • 9 en asesoramento na función xerencial e no autoemprego, de 180 horas

    Prestación económica

Durante todo o proceso, é dicir, tanto na parte formativa como na práctica, os participantes recibirán unha prestación económica equivalente ao 75% do IPREM

Máis información http://pactoemprego2.deputacionlugo.gal/

Bases: http://pactopoloemprego.com/wp-content/uploads/2014/10/BASES-SELECCI%C3%93N-BENEFICIARIOS.pdf