Ir o contido principal

Convocatoria recoñecemento competencias profesionais en Atención Sociosanitaria a personas no domicilio, tamén dependientes en institucións sociais e outros

Concello de Begonte

Convocatoria recoñecemento competencias profesionais en Atención Sociosanitaria a personas no domicilio, tamén dependientes en institucións sociais e outros

Inscrición no procedemento de recoñecemento da competencia profesional 2014

A Dirección Xeral de Emprego e  Formación, publicou a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. DOG NÚM. 233 de 04-12-14 :

-      O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 598 prazas; atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 562 prazas; servizos para o control de pragas (SEA028_2), xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3), socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2), socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2) e información xuvenil (SSC567_3),  será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 

     Prazo de presentación : 05/12/2014 a 03/01/2015

-      O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de extinción de incendios e salvamento (SEA129_2) e transporte sanitario (SAN025_2) abranguerá desde o 15 de febreiro ao 15 de marzo de 2015, ambos os dous inclusive.

Máis información en http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional  e para facer a inscrición podes ticar neste enlace https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=TR&codProc=305A&procedemento=TR305A  , despois en modelo de solicitude e cubrilo.