Modificación da convocatoria das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas.
Na que modifica os beneficiarios/as e quedaría da seguinte maneira: "Toda persoa que exerza a actividade agraria e estea inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) como titular dunha explotación, e as explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo onde se constatasen os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril".
Obxecto: Compensar os danos causados polo xabaril nos cultivos agrícolas, que sexan comunicados desde a entrada en vigor desta orde ata o 10 de outubro de 2016.
Prazo de presentación de solicitudes: Un mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.