Ir o contido principal

V edición do Festival 27373 de Begonte

Concello de Begonte

V edición do Festival 27373 de Begonte

A V edición do Festival 27373 de Begonte, reúne nun mesmo día, un festival para nenos e nenas durante a mañá e a tarde e concertos para os mozos e mozas pola noite

 

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vai organizar a Quinta edición do Festival 27373 que terá lugar o sábado 13 de agosto no Club Fluvial de Begonte que presta as súas instalacións para a celebración deste festival.

O Festival está dividido en dúas partes:

- Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequen@s. A partires das 12:00 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo da empresa de Begonte Non Estreses, que vai ofrecer paseos en canoa pola marabillosa contorna do río Ladra, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde.

A partires da unha a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a demostración de fiado de lá e liño, ademais da demostración de canto e música tradicional. A festa estará garantida durante a sesión vermú grazas ao grupo de música tradicional Pingarela, compoñentes do grupo Os Minhotos, gracias ao programa Musiqueando pola Provincia de Lugo da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Xa pola tarde, ademais dos paseos en canoa e as demostracións de fiado, a partir das cinco, comezará o V Aberto de Billarda e a partir das seis a actuación de Desastronauts co seu espectáculo Aínda máis alto, circo con aéreos, trapecios e aros de lume. Agardemos que sexa un bo día para pasar coa familia a carón do río, xantando e compartindo sobremesa nunha zona que conta con tódolos servizos, nun entorno de ribeira perfectamente acondicionado e coidado, onde se pode gozar dun baño, xantar nalgunha das mesas ou mesmo no campo e pasear á beira do río ao tempo que participamos nas distintas actividades.

- Pola tarde, a partir das sete e media, abrirán o festival o grupo de música tradicional Habelas hainas desde Compostela, catro mulleres bravas que saben facer festa e reivindicación. Logo sairá ao escenario o inclasificable, O Leo i Arremecághona, rock, punk, teatro e subversión. E para rematar, Tanto Nos Ten, un dos grupos más festeiros do panorama da música tradicional, ideais para dar peche a este quinta edición do 27373.

A organización  agradece a axuda económica da Deputación de Lugo, sen ela sería imposible facer este festival, ao Concello de Begonte pola axuda económica e infraestruturas, ao Club Fluvial de Begonte por prestar as súas marabillosas instalacións. Ás empresas e organizacións colaboradoras, Non Estreses, Cervexa Artesá Aloumiña, Castro & Castro. Tamén a todas aquelas asociacións culturais, artesáns, músicos que vaian vir ao festival e, por suposto, agradecer a presenza de todas as persoas que se acheguen ata Begonte a pasar un día cheo de actividades culturais nun entorno incomparable.