Campamento de Verán no Concello de Begonte 2015 para nenos/as de 4 a 14 anos.
O Concello de Begonte organiza o Campamento de Verán 2015 para nenos/as de 4 a 14 anos, dependendo da opción pode ser do 29 de xuño ó 17 de xullo ou ata o 31 de xullo.
Se estás interesado ten en conta o seguinte:
- 28 de maio ó 12 de xuño: Preinscrición por medio do modelo que se pode conseguir nas oficinas municipais ou ticar na seguinte liña.
Modelo de preinscrición (cubrir e imprimir) pdf.
- 16 xuño : Exposición das listas de admitidos nas oficinas municipais.
- Do 17 de xuño ó 26 de xuño: os admitidos deberán recoller a nota de pago para realizar o ingreso na entidade bancaria.
- Para formalizar a matrícula entregarase no concello:
- Resgardo do ingreso realizado
- Nota de pago.
- Para poder asistir ó campamento o primeiro día os nenos/as teñen que ter formalizado a matrícula.