Belén de Begonte dende 1972
O Belén de Begonte xa se pode visitar, e van 44 edicións nos que xente de todos os lugares pasa por Begonte no mes de decembro e xaneiro para admirar e desfrutar do ambiente que xera o Belén (Festa de interese turístico de Galicia dende 2014).
Nuns 15 minutos o Belén de Begonte representa distintas circunstancias meteorolóxicas (neve, choiva, trono), mostra oficios que se realizaban en calquera pobo de Galicia xa fai uns anos, tamén a visita dos reis magos polo portal de Belén…, e moito máis.
Uns meses atrás Carlos Torres, Ramiro Cruz, Jesús Veiga, Jesús Domínguez (irmán de José Domínguez Guizán que con José Ródríguez Varela fundaron o Belén de Begonte en 1972) montan e fan os axustes necesarios para que todo funcione correctamente os días que se pode visitar o Belén de Begonte (consulta horarios e días).
Este ano o pregón o 5 de decembro foi a cargo da Directora de Turismo de Galicia Mª Nava Castro Domínguez que destacou “que é un referente manter e potenciar, xa que a súa exposición con máis de 150 figuras, supón un importante reclamo de atracción turística. A súa visita converteuse nunha cita obrigada para moitos turistas e visitantes e unha tradición para as familias do concello ademais de outras características que fan a este Belén Electrónico de Begonte único como a súa antigüidade, o seu arraigamento popular, o seu valor cultural, a súa calidade e a súa creatividade”.
Recomendábel a visita o Museo José Rodríguez Varela (Museo do Belén) que se encontra nunha sala contigua o Belén, podense ver pezas e figuras retiradas de anos anteriores, maquetas realizadas por José Varela (casas tradicionais, monumentos emblemáticos) e as obras premiadas no Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” de anos anteriores.
A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Dominguez Guizan, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil (consultar as bases (pdf).
Como chegar o Belén electrónico de Begonte CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN (mapa localización)
Barrio de Quitimil, nº2, 27373 Begonte (Lugo)
Rutas sugeridas dende Lugo:
1. N-VI, 19,2 km 19 min
2. A-6, 25,6 km 23 min
Horarios de visita decembro 2015 a xaneiro 2016
Dende o 06-12-2015 ata o 18-12-15: Festivos e fins de semana: 11h a 13h e de 15h a 19h Laborais: solo visitas concertadas. A partir do 19-12-15 ata o 06-01-16: Tódolos días:11h a 13h e 15h a 19h Dende o 07-01-16 ata o 31-01-16: Festivos e fins de semana:11h a 13h e de 15h a 19h Grupos: avisar previamente ó teléfono 982 396 121 |