Ir o contido principal

Resultado do V Concurso de Tapas Concello de Begonte

Concello de Begonte

Resultado do V Concurso de Tapas Concello de Begonte

O luns 14 de novembro de 2016 sobre as 10h, fíxose nas oficinas municipais (no emprazamento temporal debido a obras da Casa do Concello),o reconto dos trípticos depositados nas urnas dos establecementos participantes no V Concurso de Tapas Concello de Begonte 2016, selados e puntuados polas persoas que degustaron as 11 tapas.

Como tódolos anos cada establecemento premiou o acto de depositar o tríptico na súa urna, sacándose un tríptico de cada unha, para a continuación depositalas nun urna común e  sacar a gañador dun fin de semana termal.

Este ano foron 332 trípticos válidos que puntuaron a todos os establecementos do 1 ao 5, resultando por 5º ano consecutivo gañador do V Concurso de Tapas Concello de Begonte Casa Varela coa súa proposta “Entrecot de boi con salsa de froitos vermellos” (1.378 puntos), en segundo lugar Cereixo coa tapa “Novembro” (1.292 puntos) e de terceiro  o Restaurante Paz y Ana coa tapa “Carabela” (1.253 puntos), compróbase que cada ano as diferencias son máis estreitas.

Confírmase o bon facer de tódolos establecementos, o moito que traballan, e xa van cinco anos, para sorprender a todos aqueles que queren desfrutar dun concurso gastronómico que xa se está convertendo nunha tradición nestas datas, que nos deixa a pé do Nadal e da apertura do Belén electrónico de Begonte.

isc6