O Sábado 1 de Decembro inaugúrase o Belén Electrónico de Begonte
O 1 de decembro abre as portas o Belén de Begonte e van 47 edicións, como tódolos anos, Begonte situase no mapa de Galicia como lugar de visita obrigada nestas datas de nadal, para comprobar de primeira man o que dicen del, xa que non é un calquera, fíxose maior e declarado Festa de interese turístico de Galicia dende 2014.
Sorprende a maiores e sobre todos os máis pequenos, son moitos os colexios que teñen programadas entre as actividades a realizar no ano, o de visitar o Belén electrónico de Begonte, no so da provincia de Lugo, a maioría antes das vacacións de Nadal.
É un Belén que recrea a vida dunha vila Chairega de hai uns cantos anos, amosa oficios antigos e artesáns típicos, nuns 15 minutos o Belén de Begonte representa distintas circunstancias meteorolóxicas (neve, choiva, trono,...), ademais das accións típicas dun belén (podemos ver os reis magos movéndose dirección o portal de Belén…, e moito máis).
Despois dun traballo de varios meses a cargo Carlos Torres, Ramiro Cruz, Jesús Veiga e Jesús Domínguez (irmán de José Domínguez Guizán que con José Ródríguez Varela fundaron o Belén de Begonte en 1972) montan, crean e fan os axustes necesarios para que todo funcione correctamente os días que se pode visitar o Belén de Begonte (consulta horarios e días).
Si ves tódolos anos e como xa saberás inténtase incorporar novas pezas, a veces díficiles de atopar salvo que o coñezas moi ben.
Este ano inagúrase o 1 de decembro co pregon do Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Ramón Rodríguez González.
Unha vez desfrutado do Belén aconsellámola visita o Museo José Rodríguez Varela (Museo do Belén) que se encontra nunha sala contigua o Belén, pódense ver pezas e figuras retiradas de anos anteriores, maquetas realizadas por José Varela (casas tradicionais, monumentos emblemáticos) e as obras premiadas no Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” de anos anteriores.
A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Dominguez Guizan, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil (consultar as bases - formato pdf).
Queres saber como chegar o Belén electrónico de Begonte tica CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN (mapa localización)
Barrio de Quitimil, nº2, 27373 Begonte (Lugo)
Rutas sugeridas dende Lugo:
1. N-VI, 19,2 km 19 min
2. A-6, 25,6 km 23 min
Horario de visita de 11 a 13h e de 15 a 19h
- Do 1 ao 21 de decembro 2018 e do 7 ao 26 de xaneiro 2019: sábado, domingos e festivos
- Do 22 de decembro 2018 ao 6 de xaneiro 2019: tódolos días.
Grupos: avisar previamente ó teléfono 982 396 121