Día Internacional da Muller 2019
O Concello de Begonte celebra o día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo na Casa da Cultura de Begonte co seguinte programa:
Contacontos a cargo da Profe Alba “Soy una superniña” dirixido a toda a comunidade e no que participará o alumnado dos colexios CEIP Virxe do Corpiño de Begonte e CEIP de Baamonde.
Posteriormente o alumnado participará nun taller de sensibilización e igualdade para a eliminación de estereotipos e roles sexistas á vez que os nenos e nenas se divirten.
Ao longo da xornada haberá reparto de lazos e marcapáxinas conmemorativos do día da muller traballadora.
O obxectivo desta iniciativa, subvencionada polo Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad (Secretaría de Estado de Igualdad), é sensibilizar sobre a importancia da igualdade a nivel social e persoal co fin de previr a aparición de conductas violentas.