Ir o contido principal

Día Internacional do Libro

Día Internacional do Libro

Día Internacional do Libro

O Concello de Begonte celebra o “Día Internacional do Libro e do dereito de autor” o próximo 23 de abril na Casa da Cultura de Begonte. Esta conmemoración ten como obxectivo fomentar a lectura e inculcar o pracer pola lectura entre os nenos do municipio.

O programa do acto será o seguinte:


Teatrillo de contos a cargo da Profe Alba “8 patas” dirixido a toda a comunidade e na que participará o alumnado dos colexios CEIP Virxe do Carmen de Begonte e CEIP de Baamonde.

Posteriormente o alumnado participará nun taller plástico e creativo, onde realizarán unhas obras de artes para instalar no Museo de Lucy, a protagonista do conto “8 patas”. Finalmente os participantes despediranse coa creación dunha tea de araña pola igualdade.