Ir o contido principal

O BELÉN DE BEGONTE MARCA UN ANO MÁIS O INICIO DO NADAL

O BELÉN DE BEGONTE MARCA UN ANO MÁIS O INICIO DO NADAL

O BELÉN DE BEGONTE MARCA UN ANO MÁIS O INICIO DO NADAL

O Belén de Begonte, declarado Festa de Interese Turístico Galego, abre as súas portas un ano máis o xoves día 5 de decembro. Os actos de inauguración comezarán na Igrexa Parroquial de Begonte ás 18.00 horas, sendo o pregoeiro desta 48 edición o cóengo Félix Villares Mouteira, chanceler do Bispado de Mondoñedo-Ferrol, arquiveiro da diocese e do Seminario e responsable de Patrimonio.

Tras unha recente reforma nas instalacións con financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia mediante un convenio de colaboración, a maiores da clásica renovación de figuras e do xa coñecido “Museo do Belén” que dá mostra do seu percorrido ó longo da historia, o Belén de Begonte incorpora a exposición “Imaxes e Palabras”, que consta de seis paneis que recollen fotografías de distintas escenas do nacemento e fragmentos dalgúns dos poemas premiados nas múltiples edicións do certame “O Nadal en Begonte”, dos que podemos mencionar poetas da talla de Xosé Otero Canto, Marica Campo, Carlos López e Martiño Maseda; mostra que permanecerá na sede da Xunta en Lugo ata o martes día 10 de decembro.

A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Domínguez Guizán, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil (consultar as bases - formato pdf).

Achégate a descubrir o Belén de Begonte, un dos máis tradicionais de Galicia, do 5 de decembro ó 25 de xaneiro:

Queres saber como chegar o Belén electrónico de Begonte tica CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN (mapa localización)


Barrio de Quitimil, nº2, 27373 Begonte (Lugo)

Rutas suxeridas dende Lugo:

1. N-VI, 19,2 km        19 min

2. A-6, 25,6 km         23 min

Horario de visita de 11 a 13h e de 15 a 19h

Do 5 ó 20 de decembro de 2019 e do 7 de xaneiro ó 25 de xaneiro de 2020: só sábados, domingos e festivos

Do 21 de decembro de 2019 ó 6 de xaneiro 2020: tódolos días.

www.belendebegonte.es

Grupos: avisar previamente chamando ó 982 396 121

 

logo-vector-xunta-galicia_1.jpg  xacobeo-color-original.jpg descarga.jpg