PROTECCIÓN PARA TOD@S @S VECIÑ@S!!
😷 O Concello de Begonte adquiriu mascarillas de protección individual para todos os veciñ@s do concello que serán repartidas casa a casa nos vindeiros días 🏠
Na primeria fase do confinamento polo Covid-19, o Concello de Begonte centrou todos os esforzos na atención ós nosos maiores 👵🏻, reforzando os servizos sociais e atendendo a tod@s @s veciñ@s sobre todo ós máis vulnerables, no achegamento de menciñas 💊 alimentación 🍽 ou calquera outra necesidade urxente e inaprazable. Tanto os equipos de protección que nos achegou a Xunta de Galicia, como as pantallas protectoras mercadas anteriormente polo Concello, foron para o persoal de Axuda no fogar e responsables de establecementos con atención o público.
Todo apunta que en vindeiras datas 🗓, o Decreto do Estado de alarma pode modificarse, e segundo as informacións e recomendacións das autoridades sanitarias, aconséllase o uso de masacarillas 😷 para poder seguir contendo a propagación do Covid-19.
Por todo isto, o Concello de Begonte adquiriu mascarillas de protección para toda a poboación, que serán repartidas en número de 2 por persoa, nos vindeiros días nos seus domicilios por persoal do Concello.
Recordar que ainda estamos na fase de confinamento, e que todos debemos seguir nas nosas casas limitando as saídas, por iso pedimos que cuiden de dito material para cando as autoridades sanitarias permitan as saídas, na fase de descenso do Covid-19.
Ademáis estamos a traballar nas medidas de apoio ós sectores mais castigados polo Estado de Alarma, e que se viron obrigados ó peche. Transmitirlles o noso apoio e a nosa empatía, estaremos o voso carón.
Seguimos tendo operativos os teléfonos ☎️ 982 39 61 43 (de 9h a 14h) e 📱663 58 76 32 (noutro horario) para calquera necesidade que poida surxir á veciñanza.
De esto sairemos todos xuntos! 😀