💜 𝟴𝗠 - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 👩🏻
Como cada ano, o Concello de Begonte quere conmemorar a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
Nesta ocasión e debido á situación sanitaria, levaremos a cabo varios actos virtuais en prol desta loita, ós que nos gustaría que vos sumárades! 💪
Dende hoxe e ata o próximo sábado día 13 levaremos a cabo un concurso para dar visibilidade a todas as mulleres na súa profesión ou na que lles gustaría desempeñar ou visibilizar, ben sexa cunha fotografía real, cun debuxo, un disfrace, etc. 😃 Súbea nas túas redes sociais co cancelo #8MBegonte 📲
- Bases.
Todas as propostas terán premio‼️
Ademais, presentaremos a 𝗠𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿 𝗹𝗮𝗯𝗿𝗲𝗴𝗮, obra do artista 👨🎨 local Víctor Corral Castro que terá dende mañá un novo espazo no noso Concello.
E por último, faremos a lectura do manifesto do #8M de xeito virtual 💻.
Querémonos libres e iguais na diversidade!!