Ir o contido principal

O SÁBADO 4 DE DECEMBRO INAUGÚRASE O BELÉN ELECTRÓNICO DE BEGONTE

belen begonte

O SÁBADO 4 DE DECEMBRO INAUGÚRASE O BELÉN ELECTRÓNICO DE BEGONTE

O sábado 4 de decembro abre as portas o Belén de Begonte, cumpre 50 edicións, e esta é especial non so polo número senon tamén por que recuperase a presencialidade, despois de que o ano pasado por mor da situación de emerxencia sanitaria polo COVID-19, non se puidera visitar salvo de forma virtual (este ano tamén se podera ver neste enlace).

As 18,00h celébrase un acto na Igrexa parroquial de Begonte, cunha misa e co descurso do Pregón do Nadal a cargo de Monseñor Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo – Ferrol, ca actuación do Orfeón Lucence do coro da Catedral de Lugo.

A continuación no Centro Cultural José Dóminguez Guizán abrirase o Belén Electrónico e o Museo José Rodríguez Varela – Museo do Belén.

Begonte situase no mapa de Galicia como lugar de visita obrigada nestas datas de nadal, para comprobar de primeira man o que dicen del, xa que os seus 50 anos pode decir que é Festa de interese turístico de Galicia dende 2014.

Sorprende a maiores e sobre todos os máis pequenos, son moitos os colexios que teñen programadas entre as actividades a realizar no ano, o de visitar o Belén electrónico de Begonte, no so da provincia de Lugo, a maioría antes das vacacións de Nadal.

Despois dun traballo de varios meses a cargo Carlos Torres, Ramiro Cruz, Jesús Veiga e Jesús Domínguez (irmán de José Domínguez Guizán que con José Ródríguez Varela fundaron o Belén de Begonte en 1972) montan, crean e fan os axustes necesarios para que todo funcione correctamente os días que se pode visitar o Belén de Begonte (consulta horarios e días).

Si ves tódolos anos e como xa saberás inténtase incorporar novas pezas, a veces díficiles de atopar salvo que o coñezas moi ben.

Unha vez desfrutado do Belén aconsellámola visita o Museo José Rodríguez Varela (Museo do Belén) que se encontra nunha sala contigua o Belén, pódense ver pezas e figuras retiradas de anos anteriores, maquetas realizadas por José Varela (casas tradicionais, monumentos emblemáticos) e as obras premiadas no Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” de anos anteriores.

A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Dominguez Guizan, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil (consulta as bases en pdf).

Queres saber como chegar o Belén electrónico de Begonte tica CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN (mapa localización).

Podes consultar o Libro de O Nadal cos gañadores do certame de Xornalismo e o certame de poesía edición XLV (pdf).

Barrio de Quitimil, nº2, 27373 Begonte (Lugo)

Rutas sugeridas dende Lugo:

1. N-VI, 19,2 km        19 min

2. A-6, 25,6 km         23 min

 Horario de visita de 11 a 13h e de 15 a 19h

  • Do 5 ao 23 de decembro 2021 e do 7 ao 29 de xaneiro 2022: sábado, domingos e festivos

  • Do 24 de decembro 2021 ao 6 de xaneiro 2022: tódolos días.

Grupos: avisar previamente ó teléfono 982 396 121

Reservas: https://reservas.belendebegonte.es/