OBRADOIROS ONLINE 👩🏻💻 PARA FAMILIAS 👨👩👧👦: comunicación e autoestima.
O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza uns obradoiros online dirixidos a nais 👩🏼 e pais 👨🏻 para traballar sobre a comunicación e a autoestima.
Estes obradoiros serán impartidos de xeito online 💻 (a través da plataforma zoom) para facilitar a participación e conciliación por parte de nais e pais. Mercedes De Santaló 👩🏫 , educadora de Disciplina Positiva certificada en familias, aula e primeira infancia será a persoa encargada de dirixir os obradoiros.
Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:
🔸Que é a “comunicación continxente” e como é fundamental crear unha relación segura. Veremos a relación entre a comunicación e a autoestima nosa e dos nosos fillos/as.
🔹Ferramenta: "Conectar e redirixir" (para momentos difíciles, "rabietas ou explosión emocional".
🔸Ferramenta: “Amable e firme ao mesmo tempo” (a clave da aprendizaxe baseada no respecto ao neno/a, ao adulto e ao contexto).
🔹Ferramenta "Escoita activa" (clave para o apego, a confianza e a conexión cos nosos fillos/as).
🔸Comunicación restauradora. Ferramenta as 3 R do perdón. Para garantir que nós e as nosas fillas e fillos podemos aprender realmente dos nosos erros e considerar o erro como parte da aprendizaxe.
🔹Ademais resolveranse dúbidas, compartiremos impresións e o que xurda.
🗓 𝐃𝐚𝐭𝐚𝐬: 22 de febreiro e 22 de marzo de 2022.
⏰ 𝐇𝐨𝐫𝐚𝐫𝐢𝐨: de 17.00 a 18.30h.
📝 Inscricións: prevenciondrogas@rabade.org (ata o 18 de febreiro).
+ 𝐈𝐍𝐅𝐎
Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.
📧 prevenciondrogas@rabade.org
☎️ 982390062 (Maria Barreiro)